Eventos

Buscador

    a
Programación con Arduino IV

Faremos catro talleres enlazados de 4 h. de duración cada un en contorna textual. O obxectivo principal é a aprendizaxe da linguaxe de programación en arduino, neste caso unha variante de C++, usaremos os kits de arduino dispoñibles e avanzaremos na programación mediante montaxes en protoboard.

Contido
1.	Sensor IR
2.	Programación Mano  Mecatrónica
3.	Máquina de estados
4.	Programación dunha Lámpada Nocturna
5.	Función  Millis

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
As actividades no destino xa representan o terceiro compoñente de gasto turístico a nivel global.

Este taller está dirixido a empresas turísticas que engloban na súa actividade diversos servizos de lecer e animación, para viaxeiros, turistas e poboación local.

Índice de contidos:
. Introdución
. Técnicas de márketing para a súa promoción.
. Plataformas tecnolóxicas de comercialización.
. Boas prácticas

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Este taller vai dirixido a pemes e autónomos que se dediquen á venda directa de produto (comerciantes polo miúdo) e que conten cunha tenda  online. As campañas de Google  Shopping permiten promocionar produtos directamente no buscador Google, ofrecendo aos usuarios información detallada sobre o que se vende antes de que fagan  clic no anuncio

Contido:
- Que é Google  Shopping
- Requisitos para anunciarse 
- Políticas de anuncios de  Shopping
- Configuración dunha conta en Google  Merchant  Center
- Crear un  feed de produtos correcto
- Crear unha campaña de  Shopping con grupos de produtos

Nivel: Iniciación (É preciso ter tenda en liña)

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Aprende a elixir as palabras clave para a túa estratexia SEO e SEM

A día de hoxe todo o mundo oíu falar do SEO e do  SEM pero, coñecemos realmente a importancia de traballar correctamente estes dous termos? Unha estratexia efectiva de posicionamento nos motores de procura ten como base a elección dunhas boas palabras crave adaptadas ao público obxectivo ao que nos diriximos, isto é sen dúbida a clave do éxito. 

Neste taller ensinarémosche a buscar as palabras crave adecuadas coas ferramentas que dispón o mercado actualmente para garantir un oco no mercado  online e xerar o maior número de vendas posible.

Nivel: Iniciación

Contido

1.	A importancia do SEO
2.	A importancia do  SEM
3.	Como se buscan as palabra crave?
4.	Aplicación das palabras crave               
5.	Ferramentas

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital 
O teu plan de márketing dixital paso a paso

En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais. 

Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real.

Contidos:
•	Que é un Plan de Márketing Dixital
•	Por que o necesito? Beneficios
•	Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC.