Cambados - Vende produtos en liña con campañas de Google Shopping

Data Inicio:  30/05/2019 19:00    
Data Fin:  30/05/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este taller vai dirixido a pemes e autónomos que se dediquen á venda directa de produto (comerciantes polo miúdo) e que conten cunha tenda  online. As campañas de Google  Shopping permiten promocionar produtos directamente no buscador Google, ofrecendo aos usuarios información detallada sobre o que se vende antes de que fagan  clic no anuncio

Contido:
- Que é Google  Shopping
- Requisitos para anunciarse 
- Políticas de anuncios de  Shopping
- Configuración dunha conta en Google  Merchant  Center
- Crear un  feed de produtos correcto
- Crear unha campaña de  Shopping con grupos de produtos

Nivel: Iniciación (É preciso ter tenda en liña)

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse