Eventos

Buscador

    a
Este taller dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o impacto que está a ter o  Inbound Márketing. como unha forma de achegarse ao cliente, sempre poñéndoo no centro das estratexias e lembrando que quen necesita o noso produto/servizo non sempre están listos para comprar.
O  Inbound Márketing móstrase como un proceso de acompañamento ao cliente ao longo de todo o seu proceso de compra. 

Contidos:
•	Que é  Inbound Márketing
•	Beneficios do  Inbound Márketing
•	Como se articula o  Inbound Márketing
•	Márketing de atracción
•	Como crear a túa  buyer persoa ideal
•	A importancia do  funnel ou embude de conversión
•	Tendencias en  Inbound Márketing

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
TALLER -Fotografía para turismo: As liñas no espazo.

O turismo é un dos sectores que máis entran polos ollos, unhas boas fotografías, vistosas e que atraian ao viaxeiro é o que precisamos. 
O 80% das vendas no sector turístico está determinado polo tipo de imaxe que damos a través dos medios dixitais, debemos coidar as nosas fotografías como establecemento e saber como aproveitar as liñas no espazo.

Índice de contidos: 
1. Observa a túa contorna 
2. Tipos de espazos e a súa importancia 
3. Prepara o espazo que vas fotografar 
4. Composición e perspectivas. 
5. A luz que baña o noso espazo. 
6. Detalles que marcan a diferenza. 
7. Qué tipo de cámaras podemos usar.

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
O obxectivo deste obradoiro será dar a coñecer a relevancia e o peso que están a tomar a impresión 3D e a Robótica nas PEMES e o que SmartPeme esta facendo para facilitar o acceso a estas tecnoloxías a Pemes, autónomos ou profesionais.

Contido:
1. Introdución, industria 4.0
2. Tendencias da Impresión 3D na industria
3. Tendencias da Robótica na industria
4. SmartPeme Barro-Meis

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.