« Volver

Benvido ao portal web SmartPeme da Deputación de Pontevedra, que ten por obxectivo a difusión da iniciativa SmartPeme, un servizo de información e asesoramento presencial e personalizado en relación coas TIC e coas novas tecnoloxías que a Deputación de Pontevedra pon a disposición de autónomas e autónomos, micropemes e persoas emprendedoras da provincia de Pontevedra.

PRIMEIRA

Os dereitos de propiedade intelectual da web www.smartpeme.depo.gal correspóndenlle en exclusiva á Deputación de Pontevedra. A utilización por terceiras persoas só poderá producirse previa autorización, citando a súa orixe e propiedade. Calquera utilización á marxe do exposto, incluídos os fins comerciais ou de calquera outra maneira inadecuados, infrinxe os dereitos de propiedade intelectual. O acceso e utilización da web é responsabilidade única das persoas usuarias.

SEGUNDA

Coa súa navegación vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza esta sede electrónica, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. As cookies utilizadas son de dous tipos:

  • Cookies propias: son enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Deputación de Pontevedra, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización da sede por parte da persoa usuaria

  • Cookies analíticas de terceira persoa: a sede electrónica usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que mide e analiza estatisticamente a navegación das persoas usuarias na web co fin de mellorar os servizos que se ofrecen. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Para garantir o anonimato Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiras persoas, salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí .

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

TERCEIRA

Os datos achegados polas persoas interesadas nos formularios de recollida de datos dispoñibles no portal utilizaraos, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou na actuación de que se trate, na súa condición de responsable, a Deputación de Pontevedra. Estes datos serán tratados e conservaranse mentres sexan necesarios para as devanditas finalidades e, en todo caso, nos prazos establecidos pola lexislación vixente.

En ningún caso estes datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiras persoas, se non é co consentimento inequívoco da persoa afectada, ou nos supostos previstos na regulación aplicable de protección de datos de carácter persoal, e no específico nas disposicións previstas no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE.

A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos á persoa responsable do tratamento segundo a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou revogar o consentimento segundo o previsto en https://depo.gal/proteccion-de-datos/exercicio-de-dereitos.

Así mesmo, poderán poñerse en contacto coa persoa delegada de protección de datos e obter información adicional segundo o especificado en https://www.depo.gal/proteccion-de-datos.

CUARTA

As ligazóns ás webs de terceiras persoas (links) non lle xeran responsabilidade ningunha á Deputación de Pontevedra.

A Deputación advirte que o envío de correo masivo ou non solicitado ( spam) dirixido ás contas de correo electrónico utilizadas na web dará lugar á esixencia da oportuna responsabilidade da persoa remitente.