Eventos

Buscador

    a
Programación con Arduino III

Faremos catro talleres enlazados de 4 h. de duración cada un en contorna textual. O obxectivo principal é a aprendizaxe da linguaxe de programación en arduino, neste caso unha variante de C++, usaremos os kits de arduino dispoñibles e avanzaremos na programación mediante montaxes en protoboard.

Contido
1.	 Servos, librería  servos
2.	 Potenciómetro
3.	 Condensador de  desacoplo
4.	Mover  servo con  potenciómetro,  mapear
5.	 Zumbador
6.	Movendo un brazo  robótico con 4  servos

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google  Data  Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google; e outras plataformas e formatos externas, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos en tempo real.


Contido:
1. Que é Google Data  Studio?
2. Primeiros pasos para configurar Google Data  Studio
3. Coñecendo o editor de Google Data  Studio
4. Crear informes a partir dun persoal
5. Crear informes personalizados desde cero + informes en PDF
6. Limitacións de Google Data  Studio + Resumo

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Taller enfocado ao posicionamento local en Google. Nos últimos meses, Google volveuse local, os resultados que devolve son moi diferentes segundo a localización elixida. Ata onde chega o alcance do noso negocio? Estamos a aparecer pola nosa palabra crave principal?

Índice de contidos:
- Introdución: Que é o  Snack  Pack e por que queremos estar nel.
- Punto de partida: Ferramentas de medición
- Definición da nosa palabra crave principal
- SEO local  on page 
- SEO local en Google  my  Business
- SEO local en Google  Search  Console
- Ligazóns externas para SEO local

Nivel: Intermedio

O taller será impartido por Alejandro Ledo, fundador da axencia de márketing dixital  Cuaderna  https://cuaderna.com/ , dedicada ao Posicionamento en buscadores de Pemes e autónomos en Vigo.
Este obradoiro ten como obxectivo ensinar aos asistentes a importancia de crear un blogue de calidade dentro da súa páxina web, como facelo, os seus beneficios e sobre todo como optimizalo para xeral o maior tráfico desde o posicionamento SEO e as redes sociais

Contido:
- Que é un blogue?
- Como se crea un blogue? Publicación de entradas.
- Aspectos que melloran o posicionamento SÉ.
- Postear entradas en redes sociais. 
- Xera contido para redes sociais co contido estático da túa páxina web.
- Ferramentas de interese.

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital 
Este obradoiro ten como obxectivo ensinar aos asistentes a importancia de crear un blogue de calidade dentro da súa páxina web, como facelo, os seus beneficios e sobre todo como optimizalo para xeral o maior tráfico desde o posicionamento SEO e as redes sociais

Contido
- Que é un blogue?
- Como se crea un blogue? Publicación de entradas.
- Aspectos que melloran o posicionamento SÉ.
- Postear entradas en redes sociais. 
- Xera contido para redes sociais co contido estático da túa páxina web.
- Ferramentas de interese.

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC.
Este taller vai dirixido a pemes e autónomos que se dediquen á venda directa de produto (comerciantes polo miúdo) e que conten cunha tenda  online. As campañas de Google  Shopping permiten promocionar produtos directamente no buscador Google, ofrecendo aos usuarios información detallada sobre o que se vende antes de que fagan  clic no anuncio.  

Contidos

- Que é Google  Shopping
- Requisitos para anunciarse 
- Políticas de anuncios de  Shopping
- Configuración dunha conta en Google  Merchant  Center
- Crear un  feed de produtos correcto
- Crear unha campaña de  Shopping con grupos de produtos

Nivel: Iniciación (É preciso ter tenda en liña)

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.