Eventos

Buscador

    a
Programación con Arduino II

Faremos catro talleres enlazados de 4  h. de duración cada un en contorna textual. O obxectivo principal é a aprendizaxe da linguaxe de programación en  arduino, neste caso unha variante de  C++, usaremos os kits de  arduino dispoñibles e avanzaremos na programación mediante montaxes en  protoboard.

Contido
1.	 IDE Arduino, sintaxe de programación II
2.	 Pin Dixital,  pin analóxico II
3.	 Led,  Pulsador, Sensor de Luz  LDR
4.	Montaxe  Pull Down e  Pull  Up 
5.	Bucle  if …  else
6.	Programación dunha  lampara de escritorio
7.	Monitor Serie
8.	Sensor de temperatura
9.	Programación dun medidor de temperatura con indicado por  leds

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Os dispositivos  móbiles veñen de substituír ao ordenador nas nosas preferencias de navegación e interacción na internet e o seu uso segue avanzando. O márketing móbil ou mobile marketing debe por tanto estar presente na estratexia de comercialización das empresas turísticas. Esta tecnoloxía brinda moitas oportunidades aos pequenos negocios turísticos facéndoos máis competitivos a través dunha conexión directa, actualizada y xeolocalizada co turista.

Contido:
. Introducción.
. Qué é o Mobile Marketing?
.  Ferramentas do marketing móvil.
. Consellos e trucos prácticos para o marketing móvil.

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.