Eventos

Buscador

    a
O ser humano é visual por natureza, por iso o traballar os deseños e as imaxes que imos compartir na nosa contorna dixital, e de maneira física é moi importante.

Un bo deseño diferéncianos do resto, transmite ideas e envía mensaxes. Neste taller veremos diferentes aspectos sobre composición e deseño, ademais de diferenzas entre as imaxes que se subirán a contornas dixitais, ou as imaxes que usaremos para un acabado de impresión.

(Realizarase práctica, sería recomendable traer computador propio para a edición de imaxes).

1. Sen experiencia no deseño? non hai problema. 
2. Composición: Principios fundamentais. 
3. Regras básicas do deseño gráfico. 
4. Elementos para compoñer deseños e imaxes 
5. Axustes e termos de imaxes. 
6. Imaxes para medios dixitais 
7. Imaxes preimpresión 
8. Práctica.

Nivel: Intermedio

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
Neste obradoiro explicaranse todas as posibilidades que ofrece G Suite, as ferramentas de Google que permiten aforrar tempo e traballar de maneira máis eficiente. Falarase das diferentes aplicacións e das solucións a medidas adaptadas a cada tipo de empresa.

Contido
1- Que é Gsuite?
2- Configuración básica
3- Todas as funcións que ofrece
4- Solucións 

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC.
Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google; e outras plataformas e formatos externas, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos en tempo real.


Contido:
1. Que é Google Data Studio?
2. Primeiros pasos para configurar Google Data Studio
3. Coñecendo o editor de Google Data Studio
4. Crear informes a partir dun persoal
5. Crear informes personalizados desde cero + informes en PDF
6. Limitacións de Google Data Studio + Resumo

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas.

Contido:
• Introdución ao E-mail Marketing
• Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing
• Deseño en E-mail Marketing
• Ferramentas
• Recomendacións para crear campañas perfectas

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.

Obxectivos
-Mellorar a competitividade das empresas creando unhas presentacións actuais e modernas
-Coñecer que é o márketing emocional e que uso ten nas presentacións comerciais
-Coñecer un instrumento de comunicación e vendas efectivo para as empresas
-Ofrecer ao cliente un storytelling do seu negocio

Índice
1.	Que é o márketing emocional e que vantaxes ofrece?
2.	Que é unha presentación comercial?
3.	Partes dunha presentación comercial
4.	Tipos e exemplos de presentacións comerciais
5.	Práctica: Como crear a presentación comercial da miña empresa

Nivel: Iniciación

O taller será impartido por Laura Carreira, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e  Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o márketing dixital