Eventos
Eventos
Buscador
02/05/2019 19:00
Este taller dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o impacto que está a ter o Inbound Márketing. como unha forma de achegarse ao cliente, sempre poñéndoo no centro das estratexias e lembrando que quen necesita o noso produto/servizo non sempre están listos para comprar. O Inbound Márketing móstrase como un proceso de acompañamento ao cliente ao longo de todo o seu proceso de compra. Contidos: • Que é Inbound Márketing • Beneficios do Inbound Márketing • Como se articula o Inbound Márketing • Márketing de atracción • Como crear a túa buyer persoa ideal • A importancia do funnel ou embude de conversión • Tendencias en Inbound Márketing O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
02/05/2019 19:00
TALLER -Fotografía para turismo: As liñas no espazo. O turismo é un dos sectores que máis entran polos ollos, unhas boas fotografías, vistosas e que atraian ao viaxeiro é o que precisamos. O 80% das vendas no sector turístico está determinado polo tipo de imaxe que damos a través dos medios dixitais, debemos coidar as nosas fotografías como establecemento e saber como aproveitar as liñas no espazo. Índice de contidos: 1. Observa a túa contorna 2. Tipos de espazos e a súa importancia 3. Prepara o espazo que vas fotografar 4. Composición e perspectivas. 5. A luz que baña o noso espazo. 6. Detalles que marcan a diferenza. 7. Qué tipo de cámaras podemos usar. O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
O obxectivo deste obradoiro será dar a coñecer a relevancia e o peso que están a tomar a impresión 3D e a Robótica nas PEMES e o que SmartPeme esta facendo para facilitar o acceso a estas tecnoloxías a Pemes, autónomos ou profesionais. Contido: 1. Introdución, industria 4.0 2. Tendencias da Impresión 3D na industria 3. Tendencias da Robótica na industria 4. SmartPeme Barro-Meis O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
07/05/2019 17:00
Facebook é unha importante ferramenta de comunicación directa cos clientes potenciais e clientes. Implementando unha boa estratexia de márketing poderás atraer a un público máis cualificado e alongar a súa experiencia coa túa marca unha vez acabasen a súa viaxe, o que che permitirá acceder a máis segmento de mercado. Grazas á cantidade de información que ten dos seus usuarios, Facebook permite ás empresas turísticas dispoñer de información valiosa sobre os intereses e preferencias dos viaxeiros e mesmo dos lugares aos que viaxaron. Contido: - Introdución. - Guía rápida de creación da túa conta en Facebook para empresas. - Estratexias de márketing para aumentar a túa visibilidade. - Publicidade en Facebook: Facebook ads e “Suxestións de Viaxe” Nivel: Inciación O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
07/05/2019 19:00
Os obxectivos do obradoiro son: -Mellorar a competitividade das empresas creando unhas presentacións actuais e modernas -Coñecer que é o márketing emocional e que uso ten nas presentacións comerciais -Coñecer un instrumento de comunicación e vendas efectivo para as empresas - Ofrecer ao cliente un storytelling do seu negocio Índice 1. Que é o márketing emocional e que vantaxes ofrece? 2. Que é unha presentación comercial? 3. Partes dunha presentación comercial 4. Tipos e exemplos de presentacións comerciais 5. Práctica: Como crear a presentación comercial da miña empresa Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
07/05/2019 19:00
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas. Contido: • Introdución ao E-mail Marketing • Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing • Deseño en E-mail Marketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google. Contido: • Google My business o Que é? o Servizos que oferta o Como funciona? o Vantaxes • Google Adwords Express o Que é? o Como funciona? o Vantaxes • Diferenzas entre Google Adwords e Google Adwords Express • Costes dos servizos Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital
07/05/2019 19:00
A fotografía de produto é o escaparate do noso local no mundo on- line, por iso debemos ser coidadosos á hora de realizar as nosas fotografías, coidar os detalles a luz e a composición son os factores máis importantes da nosa fotografía. Da calidade da nosa imaxe dependerá a capacidade de aceptación ou desexo de consumir os nosos produtos ou servizos. Neste taller repasaremos as claves e os elementos que debemos utilizar para realizar unha boa fotografía de produto. Contido: 1. Que é a fotografía de produto? 2. Claves para conseguir a fotografía perfecta. 3. Que necesitamos para facer boas fotografías de produto? 4. Elementos para realizar as fotografías. 5. Requisitos de tendas on- line (tamaños, calidade, etc.) 6. Práctica de edición como programa on- line. Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
07/05/2019 19:00
Neste obradoiro mostrarase as múltiples ferramentas que ten Facebook para empresas, ensinarase a como utilizalas para darnos a coñecer e para conseguir máis clientes. Contido - Por que usar Facebook para a miña empresa? - Crea unha páxina para a túa empresa - Aumenta os seguidores da túa páxina de empresa - Descobre os beneficios de Facebook Ads - Estas son as ferramentas de axuda de Facebook Nivel: Inicación O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
09/05/2019 17:00
Programación con Arduino I Haremos cuatro talleres enlazados de 4 h. de duración cada uno en entorno textual. El objetivo principal es el aprendizaje del lenguaje de programación en arduino, en este caso una variante de C++, usaremos los kits de arduino disponibles y avanzaremos en la programación mediante montajes en protoboard. Contenido 1. ¿Qué es Arduino?. Placas arduino 2. Pin digital y pin analógico 3. Sensores y actuadores 4. Corriente Continua y Corriente Alterna. Serie y Paralelo. 5. Protoboard 6. Entorno de programación, IDE Arduino 7. PinMode, DigitalWrite, Delay 8. Programación parpadeo de un led 9. Bucle for, variables 10. Pogramación de un semáforo Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.