Eventos
Eventos
Buscador
16/09/2025 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Eres unha persoa autónoma ou tes unha tenda local? Neste Obradoiro aprenderás a como crear flyers, cartaces e publicacións en redes con aspecto profesional usando Canva. Aprenderemos a crear deseños en minutos, facer visible as túas promocións e novidades e a mellorar a túa Imaxe de marca. Non necesitas experiencia previa, soamente coñecer a ferramenta de Canva. Mostrarémoste trucos e ferramentas e sairás do Obradoiro con deseños listos para usar no teu día a día. Índice de contidos: 1. Deseño de promocións e cartaces 2. Creación de contido para redes 3. Consellos e trucos rápidos O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
17/09/2025 12:00
Obradoiro en liña a través de Zoom. Neste obradoiro, exploraremos que é unha páxina de destino e como podemos usala como parte importante da nosa estratexia de mercadotecnia dixital. A través de exemplos e empregando diferentes ferramentas, melloraremos as conversións para o noso negocio creando unha páxina de destino perfecta. Índice de contidos: 1- Que é unha páxina de destino e por que a necesito? 2- Tipos de conversións e para que se usan. 3- Anatomía dunha páxina de destino: tipos e características. 4- Diferenzas entre unha páxina web e unha páxina de destino. 5- Ferramentas para crear unha páxina de destino. 6- Exemplos e casos de éxito. O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona con ampla experiencia e unha carreira profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e a mercadotecnia en liña.
18/09/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado. Índice de contidos: 1- Instalación de WordPress 2- Configuración básica 3- Manexo dos temas 4- Engadir entradas ao blogue 5- Engadir páxinas 6- Xestión de plugins e widgets 7- Xestionar comentarios 8- Actualizacións 9- Formularios 10- Copias de seguridade O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
22/09/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. O branding verbal dunha marca é un dos puntos máis importantes na creación dunha marca, axuda a definir e transmitir a mensaxe que necesitamos a través de diferentes medios, e desta maneira chegar ao noso nicho de mercado dunha maneira próxima e adecuada. Coa exposición en redes de contido de marca, cada vez é máis importante a maneira na que transmitimos as nosas mensaxes como marca. Traballar esto é esencial. Índice de contidos: 1- A nosa marca 2- Identidade verbal na marca 3- Emisión da mensaxe 4- Consolida a túa identidade verbal 5- Medios onde utilizar a miña identidade verbal 6- Branding verbal: mensaxe clara e directa O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
23/09/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Explora o modelo económico do futuro, deseñado para minimizar os residuos e maximizar os recursos. Aprenderemos os seus principios básicos, os modelos de negocio que fan posible a circularidade e ferramentas prácticas para implementalo en proxectos da vida real. O taller incluirá unha sección práctica para aplicar os conceptos e descubrir oportunidades de innovación sostible. Índice de contidos: 1. Introdución á economía circular 2. Principios básicos da circularidade 3. Modelos de negocio circulares 4. Ferramentas prácticas para o emprendemento en circularidade 5. Taller de aplicación práctica O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.
24/09/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Se queres montar unha tenda en liña ou se xa tes unha, debes saber que o éxito do teu negocio depende de que os clientes que buscan satisfacer as necesidades ou desexos que cobren os teus produtos atópente en liña. A técnicas SEO axudan a que a túa e-commerce móstrese ao teu público obxectivo como resultado das súas procuras de Google (e outros buscadores). Neste obradoiro aprenderás como optimizar a túa web de venda en liña e mellorar o teu posicionamento nos motores de procura cun enfoque práctico, no que poderás ver exemplos reais. Índice de contidos: 1. Que vendemos e a quen (Produto e usuario) 2. Tecnoloxía 3. Investigación de palabras clave 4. Arquitectura Web (Páxinas clave: Home, categorías e subcategorías, fichas de produto) 5. Xestión de Stock 6. Contidos e tips extra O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
29/09/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Unha guía sinxela e condensada para transformar a túa idea en acción no menor tempo posible, optimizando os recursos e centrando os teus esforzos. Traballaremos desde a definición clara do teu cliente e da túa proposta de valor ata a creación dun caso de negocio, finanzas básicas e unha validación rápida para comezar. Todo cunha mentalidade emprendedora que che inspirará a dar o primeiro paso sen perder tempo. Índice de contidos: 1. Definición da túa idea e do teu cliente 2. Construción do caso de negocio 3. Finanzas básicas para emprendedores 4. Validación rápida da idea 5. Mentalidade emprendedora e primeiros pasos O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.
Obradoiro telemático a través de Zoom. A nova normativa sobre o Número Único de Rexistro de Aluguer (NRUA) xa está en vigor e afecta directamente aos propietarios e administradores de inmobles. Neste obradoiro en liña, aprenderás que é, como obtelo e as actualizacións legais máis importantes. Aprende dun xeito claro e práctico como adaptarte para evitar sancións e xestionar o teu aluguer con total tranquilidade. Índice de contidos: 1. Que é o NRUA e por que é importante? 2. Quen debe rexistrarse. 3. Actualizacións legais e sancións. 4. Como obter o NRUA. 5. Outras normativas importantes. O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, licenciada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionar aloxamentos, crear paquetes, produtos e presenza de marca nas redes sociais. Apaixonado pola fotografía e o marketing dixital.
30/09/2025 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado. Índice de contidos: 1- Instalación de WordPress 2- Configuración básica 3- Manexo dos temas 4- Engadir entradas ao blogue 5- Engadir páxinas 6- Xestión de plugins e widgets 7- Xestionar comentarios 8- Actualizacións 9- Formularios 10- Copias de seguridade O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Rexistro
Calendario eventos
« | Setembro 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
- Obradoiro de Canva para Comercio Local16 de setembro de 2025 11:00Máis información
- Consegue máis conversións coa Landing Page perfecta17 de setembro de 2025 12:00Máis información
- Crea unha páxina profesional con WordPress I18 de setembro de 2025 12:00Máis información
- Branding verbal, crea marca coas túas palabras22 de setembro de 2025 12:00Máis información
- Economía circular23 de setembro de 2025 12:00Máis información
- SEO para e-commerce. Posiciona a túa tenda en liña en Google24 de setembro de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento