Eventos
Eventos
Buscador
16/09/2025 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Eres unha persoa autónoma ou tes unha tenda local? Neste Obradoiro aprenderás a como crear flyers, cartaces e publicacións en redes con aspecto profesional usando Canva. Aprenderemos a crear deseños en minutos, facer visible as túas promocións e novidades e a mellorar a túa Imaxe de marca. Non necesitas experiencia previa, soamente coñecer a ferramenta de Canva. Mostrarémoste trucos e ferramentas e sairás do Obradoiro con deseños listos para usar no teu día a día. Índice de contidos: 1. Deseño de promocións e cartaces 2. Creación de contido para redes 3. Consellos e trucos rápidos O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.