Eventos
Eventos
Buscador
23/09/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Explora o modelo económico do futuro, deseñado para minimizar os residuos e maximizar os recursos. Aprenderemos os seus principios básicos, os modelos de negocio que fan posible a circularidade e ferramentas prácticas para implementalo en proxectos da vida real. O taller incluirá unha sección práctica para aplicar os conceptos e descubrir oportunidades de innovación sostible. Índice de contidos: 1. Introdución á economía circular 2. Principios básicos da circularidade 3. Modelos de negocio circulares 4. Ferramentas prácticas para o emprendemento en circularidade 5. Taller de aplicación práctica O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.