Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Unha guía sinxela e condensada para transformar a túa idea en acción no menor tempo posible, optimizando os recursos e centrando os teus esforzos. Traballaremos desde a definición clara do teu cliente e da túa proposta de valor ata a creación dun caso de negocio, finanzas básicas e unha validación rápida para comezar. Todo cunha mentalidade emprendedora que che inspirará a dar o primeiro paso sen perder tempo.

Índice de contidos:

1. Definición da túa idea e do teu cliente
2. Construción do caso de negocio
3. Finanzas básicas para emprendedores
4. Validación rápida da idea
5. Mentalidade emprendedora e primeiros pasos

O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.