Eventos
Eventos
Buscador
11/09/2025 11:30
Obradoiro telemático a través de Zoom. Calquera negocio turístico ten como obxectivo conseguir mellorar os seus ingresos. Isto poderás facelo reducindo gastos como as comisións das plataformas de comercialización. Para iso terás que traballar as reservas directas dos teus clientes. Se estás nese punto, neste obradoiro darémosche consellos prácticos para implementar no teu aloxamento e conseguir maior rendibilidade a través das reservas directas. Índice de contidos: 1. Análise da venda dixital do teu negocio. 2. Análise da estrutura de custos, comisións e demanda. 3. Canles de venda. 4. Políticas para incentivar as reservas directas. O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
Rexistro
Calendario eventos
| « | Setembro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | |||||
- Como empregar a IA para facer SEO17 de setembro de 2026 12:00Máis información
- Non deixes en «Visto» as túas vendas24 de setembro de 2026 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento