Eventos
Eventos
Buscador
09/09/2025 12:00
Taller en liña a través de Zoom. Dá un paso máis alá en OnShape e aprende a crear estruturas máis complexas directamente desde o teu navegador. Abordaremos como extraer formas de imaxes ou debuxos, perforar buratos con precisión e profesionalizar os acabados das pezas. Un taller práctico para perfeccionar as túas habilidades e levar os teus deseños 3D ao seguinte nivel. Índice de contidos: 1. Creación de estruturas 3D complexas en OnShape 2. Xeración de modelos a partir de imaxes ou debuxos 3. Técnicas para perforación precisa 4. Mellora dos acabados e detalles finais das pezas O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro Tecnolóxico Educativo Informatizado) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é licenciado en Administración de Redes e Sistemas.