Eventos

Buscador

    a
As novas tecnoloxías están a cambiar de forma moi rápida os métodos de produción tradicionais, un conxunto destas novas tecnoloxías é o que se coñece como Fabricación Dixital.

Índice de contidos:
FreeCad III:
Esferas, Conos, Touros
Offset
Pezas a planos inclinados
Pezas sobre pezas
Impresión 3D III:
Voladizos e soportes
Problemas durante a impresión e como solucionalos
Materiais


O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
O turista 3.0 ten centos de páxinas web ao seu alcance nas que pode inspirarse, informarse, comparar e planificar as súas viaxes, actividades, aloxamento, etc. Esto fai que os textos pasen a ser tan importantes á hora de vender experiencias e actividades online para destacar e conectar coa nosa audiencia.
Neste taller falaremos de cómo as palabras poden axudarnos a obter a atención e convencer ao noso público obxectivo e conseguir así vender máis nun mercado tan atomizado e competitivo.


Contidos:
. ¿Qué é o Copywriting?
. Beneficios que nos aporta.
. Técnicas e pasos a seguir.
. Exemplos e boas prácticas.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
(ESTE OBRADOIRO IMPARTIRASE NA SALA DE XUNTAS DO CENTRO COMERCIAL AROUSA)

Obxectivo:

Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio.

Contido:
- Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces
- Termos máis usados no deseño gráfico
- Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe.
- Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes.
- Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual.
- Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños.
- Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños.
- Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa)
- Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com)

Relator: José Luis Taboada. Inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
O podcasting está en auxe. Nunha era na que os usuarios reciben multitude de estímulos, o podcasting está a converterse nunha das mellores formas para destacar nun mundo dixital cada vez máis saturado. Por iso, é posible que che expuxeras crear o teu propio podcast ou mesmo que xa deses o paso, pero aínda non conseguiches sacarlle todo o partido que che gustaría para impulsar o teu negocio.

María José Soto trasladaranos a súa experiencia creando un podcast desde cero ata convertelo nun dos máis escoitados en fala hispana dentro do ámbito do desenvolvemento persoal. Ademais, compartirá connosco as estratexias que mellor lle funcionaron para destacar e diferenciarse, así como para fidelizar á súa audiencia e convertelos en clientes.

O taller será impartido por María José Soto, creadora do podcast Impulsa a túa Vida, cunha comunidade de máis de 4000 persoas, e consultora de márketing dixital
Hoxe en día triunfa o contido efémero nas redes sociais: contidos numerosos, de consumo rápido e cunha calidade inferior á do contido permanente. Por que se fixo tan popular este formato? Neste taller responderemos a estas preguntas e coñeceremos como crear este tipo de contido a través das Historias ( Stories) de Facebook e Instagram, sempre integrados na nosa estratexia de márketing.

Índice de contidos:
• Importancia do contido efémero en RRSS: As " Stories"
• Facebook Stories
• Instagram Stories
• Estratexia de contidos

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Neste taller levaremos a cabo unha práctica con MailChimp tras entender a parte teórica do proceso de creación dunha estratexia de email márketing. Veremos como elaborar unha campaña con esta ferramenta paso a paso.

Índice de contidos: 
1. Crea unha conta gratuíta en MailChimp
2. Crea unha campaña de email
3. Contido: estrutura e persoais
4. Audiencia: público obxectivo
5. Informes

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.

Calendario eventos

« Outubro 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento