Eventos
Eventos
Buscador
As redes sociais cada día son máis visuais, se queremos triunfar nelas debemos ser máis innovadores que os demais, crear vídeos máis profesionais onde mostremos todo o potencial da nosa empresa ou negocio. Neste taller aprenderás diferentes técnicas para gravar vídeos, planos e movementos de cámara, ademais de edición e publicación dos mesmos. Contido: 1. O vídeo en redes sociais. 2. Tipos de vídeos. 2.1 Presentación de empresas 2.2 Presentación de produtos. 2.3 Fashion Film (catálogo visual). 2.4 Eventos. 3. Planificación: Constrúe unha historia. 4. Ferramentas e material para gravar. 5. Tipos de planos. 6. Movementos da cámara. 7. Formatos e resolución. 8. Apps de edición de vídeo. 9. Publicación de vídeos. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
30/10/2019 19:00
ESTE OBRADOIRO IMPARTIRASE NO VIVEIRO DE EMPRESAS DE A ESTRADA Este obradoiro ten como obxectivo ensinar aos asistentes a importancia de crear un blogue de calidade dentro da súa páxina web, como facelo, os seus beneficios e sobre todo como optimizalo para xeral o maior tráfico desde o posicionamento SEO e as redes sociais Contido: - Que é un blogue? - Como se crea un blogue? Publicación de entradas. - Aspectos que melloran o posicionamento SÉ. - Postear entradas en redes sociais. - Xera contido para redes sociais co contido estático da túa páxina web. - Ferramentas de interese. Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Rexistro
Calendario eventos
« | Outubro 2019 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
- Axudas e subvencións para autónomos e pemes 202420 de marzo de 2024 11:00Máis información
- Ferramentas de imaxe con IA, Satable Diffusion, Dall -E3 e outros modelos21 de marzo de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, dispositivos móbiles25 de marzo de 2024 10:30Máis información
- Reciclando plásticos con Aventura Plástica27 de marzo de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento