Eventos

Buscador

    a
As novas tecnoloxías están a cambiar de forma moi rápida os métodos de produción tradicionais, un conxunto destas novas tecnoloxías é o que se coñece como Fabricación Dixital.

Índice de contidos:

FreeCad V:
Extrusión axial
Extrusión por traxectoria
Interpolación de seccións, helices, roscas e extrusiones por torsión
Thickness
Exercicios
Escaner 3D II:
Nuve de puntos
Principais usos e exemplos
Escaneado práctico

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
O turista 3.0 ten centos de páxinas web ao seu alcance nas que pode inspirarse, informarse, comparar e planificar as súas viaxes, actividades, aloxamento, etc. Esto fai que os textos pasen a ser tan importantes á hora de vender experiencias e actividades online para destacar e conectar coa nosa audiencia.
Neste taller falaremos de cómo as palabras poden axudarnos a obter a atención e convencer ao noso público obxectivo e conseguir así vender máis nun mercado tan atomizado e competitivo.


Contidos:
. Qué é o Copywriting?
. Beneficios que nos aporta.
. Técnicas e pasos a seguir.
. Exemplos e boas prácticas.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
A estética nas nosas redes sociais cada día xera máis importancia, xa non só é importante publicar contido interesante se non que debe ir acompañado dunha imaxe traballada e que chame a atención.
Unha boa imaxe, ademais de estar preparada á hora de fotografar, debemos poder darlle outro estilo, incluír información ou potenciala a través de algo de edición fácil e rápida co noso Smartphone.
Neste taller veremos as apps de edición, deseño e creación de vídeo máis populares e útiles para sacar partido ás nosas redes sociais.

(Realizaremos prácticas co teléfono para cada unha das apps que se expliquen no taller, recomendamos traer os vosos smartphones).

1. Tipos de publicacións en Instagram.
2. A importancia da imaxe nas Redes sociais.
3. Apps de edición de fotografía.
4. Apps de deseño.
5. Apps con outras aplicacións.
6. Apps de edición de vídeo.

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
O obxectivo deste taller será optimizar e profesionalizar a túa páxina de Facebook como os profesionais. É recomendable ter unha páxina creada xa que, a partir dela, profundaremos nos temas clave nos que debemos traballar para que teña maior visibilidade

1) Alcance en Facebook: Que é e como melloralo
2) Píxel de Facebook.
3) Facebook Messenger e BOT de Messenger
4) Botón de WhatsApp en Facebook
5) Mellores ferramentas para crear imaxes en Redes Sociais
6) Insignias e verificación
7) Crear sorteos e concursos con Facebook

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Neste obradoiro mostrarase as múltiples ferramentas que ten Facebook para empresas, ensinarase a como utilizalas para darnos a coñecer e para conseguir máis clientes.

Índice de contidos:
- Por que usar Facebook para a miña empresa?
- Crea unha páxina para a túa empresa
- Aumenta os seguidores da túa páxina de empresa
- Descobre os beneficios de Facebook Ads
- Estas son as ferramentas de axuda de Facebook

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos
O segundo obradoiro dedicado ao SEO tratará sobre os factores externos que afectan á nosa páxina web e que inflúen no seu posicionamento  e veremos as mellores prácticas SEO e a forma de medilas con analítica web para comprender e mellorar os resultados.  

Índice Contidos

1.	Factores SEO Semántico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización.
2.	Acciones SEO fora da páxina web: ligazóns externas e estratexias de linkbuilding.
3.	Introdución á analítica web e guía de boas prácticas á hora de posicionar a nosa web

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.