Eventos

Buscador

    a
As novas tecnoloxías están a cambiar de forma moi rápida os métodos de produción tradicionais, un conxunto destas novas tecnoloxías é o que se coñece como Fabricación Dixital.

Índice de contidos:

FreeCad IV:
Bosquexos, banco de traballo Part Design e Sketcher
Extrusión e baleirados
Restricións de coincidencia, horizontalidad, verticalidad, cotas e igualdade.
Cadrados
Restricións de simetría, circulos
Bosquexos de polígonos, arcos, recortes e redondeos
Exercicios
Escaner 3D I:
Que é e para que serve un escaner 3D?
Escaner 3D, tipoloxía
Escaner 3D sen contacto activos

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Ter instalado un sistema de reservas e dispoñibilidade online na nosa páxina web fará que o noso negocio turístico aumente a súa visibilidade e éxito na internet. Así atraerermos máis turistas, que poderán reservar antes o noso aloxamento, actividades ou servizos turísticos, coa fiabilidade de unha reserva e dispoñibilidade asegurada.
Deste xeito a nosa páxina web será unha plataforma interactiva de vendas para aforrar tempo e incrementar os beneficios.

Contidos:
¿Qué é un motor de reservas?
¿Qué é un channel manager?
Vantaxes de dispor de un sistema de reservas e dispoñibilidade online.
Exemplos de sistemas de reservas para negocios turísticos e as súas funcionalidades.

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste taller daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio.

Índice de contidos:

• Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais?
• Uso persoal vs. uso profesional
• Aspectos a ter en conta
• Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Traballar o SEO é a mellor forma de que os usuarios de Google poidan atoparche por medio das procuras que realizan. Neste primeiro taller achegarémonos aos conceptos básicos que o compoñen e veremos o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando así o tráfico de usuarios ou clientes.

Índice Contidos

1.	Introdución e Conceptos Básicos SEO.
2.	Que son e para que serven as palabras crave?  Deseña a túa estratexia.
3.	Factores SEO técnico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.

Calendario eventos

« Outubro 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento