Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Todos os aloxamentos poden establecer estratexias e medidas para tentar fidelizar aos seus clientes e que repitan para o próximo ano. Aprende como adaptar esta tendencia ao teu pequeno negocio sen ter que facer grandes gastos con este taller. Ademais, veremos ideas para captar reservas directas sen pagar comisións.

Índice de contido:

1. Que é a Fidelización no sector turístico
2. Condicións e Requisitos para fidelizar clientes
3. Estratexias para fidelizar á túa clientela

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
Obradoiro telemático a través de Zoom

Linkedin permítenos situarnos como expertos no noso sector, ofrecer os nosos servizos, promover contidos e xerar unha marca persoal.
No obradoiro de Linkedin veremos como crear un perfil profesional e unha páxina de empresa optimizada e como potenciar a nosa marca na rede profesional por excelencia.

Índice de contidos:

1. Introdución a Linkedin
2. Perfil profesional
3. Páxina de empresa
4. Promociona os teus produtos e/ou servizos

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.