Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

O obradoiro de finanzas para non financeiros proporcionará coñecementos financeiros básicos e fáciles de asimilar para perfís non financeiros, co fin de que os responsables dunha empresa poidan participar no proceso de toma de decisións executivas dunha maneira consciente e responsable. 
Na primeira parte falaremos do PGC, e mais concretamente do balance e a conta de resultados, e na segunda parte, centrarémonos no ámbito fiscal, dando un repaso aos principais impostos existentes na actualidade no noso país.
Faremos exercicios prácticos co fin de poder visualizar mellor a teoría vista e finalizaremos con dez minutos de distensión a través dun “Kahoot”, onde se poñerá a proba a asimilación de coñecementos dos participantes.

ÍNDICE:
•	As obrigacións contables e as contas anuais
•	Patrimonio da empresa
•	Balance de situación
•	Fiscalidade empresarial
•	Imposto de sociedades, IRPF, IVE e IAE

O obradoiro será impartido por Paz Ares, Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo na especialidade de economía pública, cun Máster en Formación do profesorado pola Universidade de Vigo, e experiencia profesional no sector financeiro e educativo.