Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha nova serie de talleres de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva.

“Ciberseguridade, que é o Malware”, o obxectivo deste taller é dar a coñecer ao asistente que é o Malware, que tipos de Malware empregan os ciberdelincuentes, como podemos saber se estamos infectados ou como me infectei dun Malware.

Índice de contido

- Que é o Malware.
- Tipos de Malware.
- Como saber se estamos infectados.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.