Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha serie de catro obradoiros informativos sobre temas de máxima actualidade, todos teñen en común a tecnoloxía pola cal é posible que existan, a blockchain.
No primeiro destes obradoiros veremos en que consiste a tecnoloxía blockchain e como grazas a ela estamos ante o que se chama o internet do valor; unha forma de transmitir valor a través da rede.
No segundo obradoiro abordaremos o tema das criptomonedas, por que xorden e que podemos facer con elas, minado, trading, etc...
No terceiro desta serie de obradoiros falaremos da identidade dixital, en concreto do proxecto de identidade dixital da unión europea e como afecta isto directamente á xestión dos nosos datos. Falaremos tamén dos NFT, tentaremos achegar algo de luz sobre este tema, que son e para que serven.
Por último, no cuarto obradoiro abordaremos o tema do Metaverso, como intuímos que será, para que vai servir, estado actual de desenvolvemento e ademais visitaremos algún destes metaversos.

Índice:

1 Que motiva a creación de criptomonedas.
2 Bitcoin.
3 Outras criptomonedas, Ether, rede Ethereum.
4 Minado de criptos, pool de minería.
5 Comprar e vender criptos, Coinbase, Binance.
6 Situación actual.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom

En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais.

Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real.

Contidos:
• Que é un Plan de Márketing Dixital
• Por que o necesito? Beneficios
• Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.