Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

Neste obradoiro aprenderemos a importancia da elección das palabras clave relativas ao noso negocio ou empresa, cales son os ámbitos de aplicación destas keywords en relación ao comportamento dos buscadores e con qué ferramentas podemos traballar para afinar a nosa estratexia e ir adaptándoa segundo as nosas necesidades.

Índice

1- ¿Por qué preciso un estudio de palabras clave?
2- Tipos de palabras clave.
3- Cómo facer un estudio de palabras clave.
4- Ámbitos de actuación e conclusión.

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Obradoiro telemático a través de Zoom

Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas.

Contido:
• Introdución ao E-mail Marketing
• Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing
• Deseño en E-mail Marketing
• Ferramentas
• Recomendacións para crear campañas perfectas

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.

Inscricións a través da seguinte ligazón: