Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro aproximarémonos ao mundo do IoT. Describiremos que é, cales son as súas características e os elementos que interveñen. Co fin de aproximar esta tecnoloxía aos usuarios, farase unha pequena demostración.

Índice de contidos:

Que é IoT?
Manifesto IoT de Arduino.
Elementos que interveñen en IoT.
As tres preguntas para calquera proxecto IoT.
Pequena demostración práctica.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.


Inscricións a través da seguinte ligazón: