Eventos
Eventos
Buscador
08/03/2018 19:00
Este taller está dirixido a empresarios e empresarias que desexen ter un primeiro contacto coa plataforma de hardware libre Arduino, baseado nunha placa cun microcontrolador de deseño libre e deseñada para facilitar o uso da electrónica en proxectos multidisciplinares. Índice de contidos: Que é Arduino? Características de Arduino. Como funciona? Tipos de Arduino. Como instalar Arduino en Windows? O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Este taller dirixido a pemes e autónomos, e emprendedores onde se tratará de contextualizar e mostrar o cambio que está a sufrir o sector turístico a través da evolución das novas tecnoloxías e o emprego das Redes Sociais. Neste taller desvelaremos as claves de por que unha empresa turística debe facer uso da súa presenza na internet e de por que debe de estar en Redes Sociais. Índice de contidos Contexto do Cambio Como afecta o turismo e ás empresas turísticas Social Media en Turismo e Hostalería Un percorrido polas Redes Sociais Plataformas ou foros específicos onde se opina de turismo Aspectos a ter en conta Conclusións O obradoiro será impartido por Eva Fernández Gómez, Grao en Turismo e Posgrao en Dirección e Xestión de empresas turísticas, con máis de 15 anos de experiencia no sector turístico en Xestión, promoción e comercialización de destinos e empresas turísticas.
08/03/2018 19:00
Neste taller aprenderás as cuestións básicas para fotografar un vehículo cun móbil ou unha cámara profesional en modo manual. Coñecerás tamén que hora do día é a mellor para fotografalos así como o proceso dixital para eliminar brillos. Na fase final do taller aprenderase como adaptar a imaxe a formato web e deste modo mellorar a súa visualización e carga unha vez publicada. Índice de contidos Preparar o vehículo para a sesión fotográfica. Coñecementos básicos de fotografía para o móbil e cámara profesional. A localización ¿Que fondo usar para que o coche destaque? O foto reportaxe ¿Cantas fotografías tomar e que planos usar para describir un vehículo? Os mellores momentos do día e por que. Que é o raw , e por que é necesario. Retoque dixital – Horquillado e HDR para mellorar a exposición Preparación de la foto para subila a internet. Práctica. O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
08/03/2018 19:00
Este obradoiro dirixido a pemes, autónomos e emprendedores. Se tes unha idea dunha APP e sábesnos por onde empezar, neste evento axudarémosche a despexar as dúbidas, falarase dos pasos para realizar para o desenvolvemento de APP e as plataformas que tes que utilizar, tamén se falase das distintas formas de monetizar a APP. Explicaranse os diferentes trucos e accións de márketing para que o teu APP sexa visible así como as distintas ferramentas imprescindibles para levar a cabo todo o proceso Contidos: • Teño unha idea incrible o Aplicar metodoloxía Lean o Desenvolvemento de MPV e prototipado o Saír á rúa e validar • Vou facer unha app que mole o Estudar mercado o En que plataforma desenvolvo o Modelo de negocio • Coñeces o meu app? o Publicación o Posicionamento o Ferramentas de métricas O obradoiro será impartido por Avelino Correa. Fundador da APP CreapCuentos. Colaborador de eventos de emprendemento, con máis de 18 anos de experiencia no campo da Tecnoloxías de Información e Comunicación.
Rexistro
Calendario eventos
« | Marzo 2018 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento