Eventos

Buscador

    a
Este taller dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar os beneficios que reporta contar cunha ferramenta  CRM como parte fundamental dunha estratexia de vendas. A xestión da relación cos clientes ( CRM) ofrece múltiples beneficios ás organizacións, permitíndolles xestionar o seu compromiso continuo e a interacción con clientes, clientes potenciais e socios estratéxicos.

Índice de contidos:

•	Introdución
•	Concepto de  CRM
•	Características 
•	Obxectivos 
•	Evolución 
•	Tipos de  CRM
•	Futuro 
•	Arquitectura 
•	Exemplo de  CRM
•	Conclusión

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Curso básico sobre conceptos de web, enfocado na importancia dunha páxina profesional e os seus beneficios como empresa e o seu correcto posicionamento en internet a través de técnicas gratuítas.

Índice de contidos

• Conceptos básicos
• Dominios, hosting…
• Para que podo utilizar un dominio 
• .com vs. .es e outras extensións
• Presenza en internet:
• Beneficios
• ¿Como o logramos?
• SEO 
• Posicionamento interno
• Posicionamento externo
• Penalización en motores de procura

O obradoiro será impartido por Ángel Garrido, Técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, seo, sem, analítica, redes sociais e branding con máis de 4 anos de experiencia en asesoramento TIC 
Nesta sesión informativa daremos a coñecer a ferramenta  Whatsapp  Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería  Whatsapp. Con esta  app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes.

Índice de contidos

• Introdución a  Whatsapp
•  Whatsapp  vs.  Whatsapp  Business
• Novas funcionalidades
•  Whatsapp Márketing

O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar como organizar noso e- commerce a través da configuración das categorías, produtos, loxística e métodos de pago. Tamén veremos como configurar a nosa tenda a través dos pedidos e clientes.

Índice de contidos

• Categorías
• Produtos
• Loxística
• Métodos de pago
• Tenda configurada: Xestión de Pedidos e de Clientes
• Recursos WEB

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.