Eventos

Buscador

    a
Neste obradoiro aprenderemos a planificar a nosa axenda e a dos nosos empregados desde esta aplicación na nube, sincronizando Google Calendar nos nosos dispositivos móbiles coa nosa axenda de contactos en Google. 
Podemos crear múltiples calendarios compartidos entre os diferentes usuarios da organización ou externos e organizar as citas cos nosos clientes ou provedores convidándoos a diferentes eventos, ós que nos darán a súa previa aceptación.

Índice de contidos

• Planificación das miñas tarefas e reunións
• Creación e xestión de calendarios compartidos cos nosos empregados ou de perfís distintos dentro da empresa
• Invitación a reunións e citas cos nosos clientes ou provedores esixindo a súa aceptación
• Conexión coa axenda de contactos
• Sincronización cos dispositivos móbiles

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Este obradoiro ten como obxectivo amosar de forma práctica as aplicacións básicas e elementais que calquera empresa/autónomo debe manexar no día a día do seu negocio.

Índice de contidos

• Ferramentas ofimáticas
• Correo electrónico
• Seguridade: protección contra virus e copias de seguridade.
• Acceso en remoto

O obradoiro será impartido por Ángel Garrido, Técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, seo, sem, analítica, redes sociais e branding con máis de 4 anos de experiencia en asesoramento TIC 

Calendario eventos

« Marzo 2018 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento