Eventos

Buscador

    a
Trataremos a revolución do turismo a través das tecnoloxías móbiles, desde cómo se foron incorporando estas tecnoloxías á columna vertebral do sector ata como se foron implantando estas solucións no público xeral que consome produtos e destinos turísticos. Competir con produtos globais como Airbnb, Uber e un longo etcétera só é posible coñecendo profundamente o local, explotando ese coñecemento e dixitalizándoo para incorporarse como peixes nun océano a ese mar dixital. Coñecer estas claves é o obxecto desta charla de traballo.

Casos prácticos:

Vigoexperience (Guía de Vigo).
Metrominuto Pontevedra (Promovendo a mobilidade).
Calixtina e Camiña ( iBeacons e internet das cousas aplicados ás guías multimedia)
App Terras de Pontevedra (Arte Rupestre en Pontevedra). 

Esta charla será impartida por Chiu Longina, antropólogo especializado en tecnoloxía e fundador do estudo Pumpún Dixital, un laboratorio de software e hardware pioneiro en proxectos en contornas de Computer vision, Mapped vídeo projection, síntese sonora, comunicación [ OSC] ou Realidade Aumentada. Membro fundador de portais como Mediateletipos.net, Artesonoro. org, Sinsalaudio, Alg-a. org ou Escoitar. org. 

Coñecer as diferentes TICs e os usos mais apropiados e comprender como utilizalas para así facilitar a xestión e a toma de decisións en tempo real, disminuir costes e tempo, e melloramento continuo da calidade e cantidade de información. Coñecer casos de éxito de empresas referentes e os impactos na produtividade a través da aplicación das tecnoloxías dixitais. 

Evaluar os retos e as solucións propostas para realizar a integración destas tecnoloxías cas prácticas convencionais.

Índice de contidos:

•	Optimización dos procesos productivos (SIG, Sitemas TD, GPS, AMZ&RFID):
o	Información espacial 
o	Seguemento dos recursos terrestres
o	Climatoloxía
o	Identificación por radiofrecuencia

•	Desenrrolo de modelos de xestión (ERP, SGA, CRM, BPM):
o	Control de explotacións
o	Control de almacén
o	Xestión de clientes
o	Xestión de procesos

•	Comercialización dixital dos productos:
o	E-Commerce
o	Posicionamento Web
o	Email marketing
o	Redes Sociais

•	Aplicacións móviles
•	Casos de éxito

O obradoiro será impartido por Ángel Garrido, Técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, seo, sem, analítica, redes sociais e branding con máis de 4 anos de experiencia en asesoramento TIC 
Este obradoiro informativo está orientado a que autónomos e micropemes coñezan dunha maneira máis detallada o uso do medio de comunicación máis utilizado na actualidade: as redes sociais. 

Índice de contidos

• Factores para mellorar a túa presenza en internet 
• Introdución en redes sociais 
• SMP-Social Media Plan en redes sociais
• Técnicas de vendas en redes sociais 
• Recomendacións de actuación
• Casos de éxito: exemplos reais sobre éxito en redes sociais

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital 
Neste taller aprenderás as cuestións básicas para fotografar un vehículo cun móbil ou unha cámara profesional en modo manual. Coñecerás tamén que hora do día é a mellor para fotografalos así como o proceso dixital para  eliminar brillos. 
Na fase final do taller aprenderase como adaptar a imaxe a formato web e deste modo mellorar a súa visualización e carga  unha vez publicada.

Índice de contidos

Preparar o vehículo para a sesión fotográfica.
Coñecementos básicos de fotografía para o móbil e cámara profesional.
A localización ¿Que fondo usar para que o coche destaque?
O foto reportaxe ¿Cantas fotografías tomar e que planos usar para describir un vehículo?
Os mellores momentos do día e por que.
Que é o raw , e por que é necesario.
Retoque dixital  – Horquillado e HDR para mellorar a exposición
Preparación de la foto para subila a internet.
Práctica.

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.

Calendario eventos

« Marzo 2018 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento