Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Se tes unha empresa turística podes aprender a aplicar algunhas técnicas sinxelas para facer márketing a través dos medios dixitais.

Neste obradoiro trataremos algunhas técnicas como:

-	Crea unha marca turística con identidade e aprende a transmitila
-	Storytelling Que é e como usalo?
-	Xestión de recensións e reputación en liña
-	Márketing a través das Redes Sociais

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado.

Índice de contidos:

1- Instalación de WordPress
2- Configuración básica
3- Manexo dos temas
4- Engadir entradas ao blogue
5- Engadir páxinas
6- Xestión de plugins e widgets
7- Xestionar comentarios
8- Actualizacións
9- Formularios
10- Copias de seguridade

Nivel: intermedio

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.