Eventos
Eventos
Buscador
23/02/2023 11:00
Presencial no punto SmartPeme de O Porriño (Multicentro Ayuntamiento de O Porriño, Ribeira s/n, Torneiros, 36410 - O Porriño). O obxectivo deste obradoiro é o de dar a coñecer as principais tendencias tecnolóxicas para o 2023, faremos un lixeiro repaso ás tecnoloxías emerxentes e a como evolucionaron outras xa existentes como o Blockchain ou a Impresión 3D. Dunha maneira máis ampla abordaremos o tema da creación de imaxes e textos con algoritmos de intelixencia artificial, veremos a evolución nos últimos meses, faremos un repaso sobre as principais aplicacións e exporemos unha serie de demos prácticas. Para finalizar, faremos unha visita á Realidade Virtual e mostraremos algunhas das aplicacións que xa se poden utilizar en eventos empresariais e que se poden probar nas Experiencias Inmersivas que levamos a cobo no FabLab de Barro. Índice de contidos 1-Tendencias 2023 2-Novos algoritmos de IA, imaxes e textos 3-Demo Realidade Virtual O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom. A comunicación é a base de toda estratexia, e a comunicación efectiva a metodoloxía que logra de forma eficiente cerrar ventas, facendo rendibles os obxectivos de visibilidade, captación e fidelización de clientes. Índice - Atención plena, observación e escoita activa - Todo comunica; corporalidade consciente (linguaxe non verbal) e linguaxe verbal - Comunicación asertiva para un entendemento efectivo - O cliente, o máis importante? - Comunicación dentro da estratexia; persuasión admisible eticamente e empatía - Estratexias de visibilidade grazas á mellora da comunicación - Visibilidade máis alá das redes sociais Isabel Rodríguez, consultora e coach empresarial, con 15 anos de experiencia, especializada na sustentabilidade de negocios, facéndoos rendibles a longo prazo a través das análisis económicas, da organización interna para unha xestión eficaz da actividade e da comunicación efectiva.
Rexistro
Calendario eventos
« | Febreiro 2023 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 |
- Ciberseguridade, como facer un contrasinal segura27 de marzo de 2023 10:00Máis información
- Encontro de mulleres emprendedoras28 de marzo de 2023 11:00Máis información
- SEO para e-commerce: Posiciona a túa tenda en liña en Google29 de marzo de 2023 12:00Máis información
- Como emitir o teu evento en liña de xeito profesional IV - OBS I30 de marzo de 2023 11:00Máis información
- O teu plan de márketing dixital paso a paso30 de marzo de 2023 18:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento