Eventos

Buscador

    a
Obradoiro Presencial no punto SmartPeme de Cambados (Centro ExpoSalnés, Paseo da calzada s/n, 36630 - Cambados)

O obxectivo deste obradoiro é o de dar a coñecer as principais tendencias tecnolóxicas para o 2023, faremos un lixeiro repaso ás tecnoloxías emerxentes e a como evolucionaron outras xa existentes como o Blockchain ou a Impresión 3D. 

Dunha maneira máis ampla abordaremos o tema da creación de imaxes e textos con algoritmos de intelixencia artificial, veremos a evolución nos últimos meses, faremos un repaso sobre as principais aplicacións e exporemos unha serie de demos prácticas.

Para finalizar, faremos unha visita á Realidade Virtual e mostraremos algunhas das aplicacións que xa se poden utilizar en eventos empresariais e que se poden probar nas Experiencias Inmersivas que levamos a cobo no FabLab de Barro.

Índice de contidos

1-Tendencias 2023
2-Novos algoritmos de IA, imaxes e textos
3-Demo Realidade Virtual

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.

Obradoiro telemático a través de Zoom

O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.
Perfil de empresa de Google está pensado para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer, empregando o buscador de Google.

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.

Calendario eventos

« Febreiro 2023 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento