Eventos
Eventos
Buscador
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google. Índice de contidos • Google My business o Que é? o Servizos que oferta o Como funciona? o Vantaxes • Google Adwords Express O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital
05/03/2018 19:00
Neste obradoiro búscase orientar as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na internet, xa que o uso desta ferramenta permítelle á empresa reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados. Índice de contidos • A nube: concepto e analoxías • Por que almacenar na nube? • Vantaxes e desvantaxes • Dropbox • Vinculación de conta • Google Drive • OneDrive • Box O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
05/03/2018 19:00
¿Como conectar co novo consumidor? Falaremos sobre como atraer aos consumidores dixitais, márketing experiencial e como é o proceso de transformación dixital dunha adega. Índice de contidos o Perfil do consumidor digxital o Consumidor de enoturismo o Canais de comunicación aplicados ao enoturismo o Markéting experiencial: sensacións e emocións O obradoiro será impartido por Cristina Costa Acha, con máis de 15 anos de experiencia en estratexias online/ offline. Membro da asociación española de márketing ( AEDEMO) e de IPF ( International Press Federation). Media Press & Photo para un portal de turismo de Venezia durante a Mostra Internacional D’Arte Cinematográfica a Biennale dei Venezia Actualmente Directora de Márketing de Adegas Marqués de Vizhoja.
05/03/2018 19:00
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google, como Google Analitics, Google AdWords, ou Youtube Analitics; e outras plataformas e formatos externas, como documentos Excel, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, ademais de colleitar todos os datos necesarios, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos con compañeiros en tempo real e envialos vía email aos teus clientes. Índice de contidos • Que é Google Data Studio? • Primeiros pasos para configurar Google Data Studio • Coñecendo o editor de Google Data Studio • Crear informes a partir dun persoal • Crear informes personalizados desde cero • Sacar informes en PDF • Limitacións de Google Data Studio O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
05/03/2018 19:00
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas. Índice de contidos • Introdución ao E-mail Marketing • Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing • Deseño en E-mail Marketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
06/03/2018 19:00
Este taller ten como obxectivo mostrar as comodidades e vantaxes da factura electrónica que xa é unha alternativa legal á factura tradicional en papel. Ao ser en formato electrónico, permítenos automatizar o proceso de facturación facilmente, o que nos vai a economizar e axilizar a xestión, mellorando incluso o proceso de cobro. Permitiranos economizar: tempo, papel, espazo de almacenamento, etc.; aumentando a competitividade da nosa empresa, dando unha mellor imaxe e servizo aos nosos clientes. Índice de contidos • Que é unha factura electrónica? • Normativa da factura electrónica. • Novidades 2015: Administración Pública e actividade privada. • Obrigacións do emisor dunha factura electrónica. • Obrigacións do receptor dunha factura electrónica. • Vantaxes da facturación electrónica. • Que formato débese usar para a factura electrónica? • Xerando unha factura electrónica. • Preguntas frecuentes sobre a factura electrónica. O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas.
07/03/2018 19:00
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas. Índice de contidos • Introdución ao E-mail Marketing • Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing • Deseño en E-mail Marketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Este obradoiro impartirase no Viveiro de Empresas da Estrada O obxectivo mostrar as comodidades e vantaxes da factura electrónica que xa é unha alternativa legal á factura tradicional en papel. Ao ser en formato electrónico, permítenos automatizar o proceso de facturación facilmente, o que nos vai a economizar e axilizar a xestión, mellorando incluso o proceso de cobro. Permitiranos economizar: tempo, papel, espazo de almacenamento, etc.; aumentando a competitividade da nosa empresa, dando unha mellor imaxe e servizo aos nosos clientes. Índice de contidos • Que é unha factura electrónica? • Normativa da factura electrónica. • Novidades 2015: Administración Pública e actividade privada. • Obrigacións do emisor dunha factura electrónica. • Obrigacións do receptor dunha factura electrónica. • Vantaxes da facturación electrónica. • Que formato débese usar para a factura electrónica? • Xerando unha factura electrónica. • Preguntas frecuentes sobre a factura electrónica. O obradoiro será impartido por Ángel Garrido, Técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, seo, sem, analítica, redes sociais e branding con máis de 4 anos de experiencia en asesoramento TIC
07/03/2018 19:00
Este obradoiro informativo está orientado a que autónomos e micropemes coñezan dunha maneira máis detallada o uso do medio de comunicación máis utilizado na actualidade: as redes sociais. Índice de contidos • Factores para mellorar a túa presenza en internet • Introdución en redes sociais • SMP-Social Media Plan en redes sociais • Técnicas de vendas en redes sociais • Recomendacións de actuación • Casos de éxito: exemplos reais sobre éxito en redes sociais O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
08/03/2018 19:00
Este taller está dirixido a empresarios e empresarias que desexen ter un primeiro contacto coa plataforma de hardware libre Arduino, baseado nunha placa cun microcontrolador de deseño libre e deseñada para facilitar o uso da electrónica en proxectos multidisciplinares. Índice de contidos: Que é Arduino? Características de Arduino. Como funciona? Tipos de Arduino. Como instalar Arduino en Windows? O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.