Eventos
Eventos
Buscador
20/12/2022 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Se tes un establecemento turístico, sexa un aloxamento ou un restaurante, poderás descubrir a través deste obradoiro cales son as vantaxes e inconvenientes de usar as redes sociais como estratexia para captar clientes para o teu negocio. Falaremos de como e cando debemos usar cada unha das redes sociais segundo o teu público obxectivo. Índice: 1. Vantaxes e inconvenientes das Redes Sociais 2. Fases de compra do turista dixital 3. Cando usar cada rede social 4. Como usar cada rede social 5. Outras redes sociais turísticas (tripadvisor, minube, foursquare...) O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
20/12/2022 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google; e outras plataformas e formatos externas, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos en tempo real. Contido: 1. Que é Google Data Studio? 2. Primeiros pasos para configurar Google Data Studio 3. Coñecendo o editor de Google Data Studio 4. Crear informes a partir dun persoal 5. Crear informes personalizados desde cero + informes en PDF 6. Limitacións de Google Data Studio + Resumo Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce. Inscricións a través da seguinte ligazón:
Rexistro
Calendario eventos
« | Decembro 2022 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Axudas e subvencións para autónomos e pemes 202420 de marzo de 2024 11:00Máis información
- Ferramentas de imaxe con IA, Satable Diffusion, Dall -E3 e outros modelos21 de marzo de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, dispositivos móbiles25 de marzo de 2024 10:30Máis información
- Reciclando plásticos con Aventura Plástica27 de marzo de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento