Eventos
Eventos
Buscador
13/12/2022 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Google Analytics evolucionou. O modo no que Google recompila a información dos usuarios que acceden á nosa web e o modo no que nola mostra para a súa análise, cambiou para sempre. Esta evolución materialízase nunha nova ferramenta: Google Analytics 4. Este obradoiros realiza unha primeira aproximación a esta ferramenta, fundamental para calquera sitio web. Poñeranse de manifesto as diferenzas co actual Google Analytics (Universal), veremos como configurala e como comezar a sacarlle partido, de modo que nos axude na toma de decisións do noso negocio. Índice: 1. Google Analytics: Comparativa de versións 2. Crear propiedade de Google Analytics 4 3. Interface, informes e configuracións recomendadas 4. Comprende aos visitantes da túa web O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Obradoiro telemático a través de Zoom. O mundo dixital representa un modelo de negocio e un crecemento empresarial. Por que este potencial non o poden empregar tamén asociacións, fundacións, cooperativas ou empresas con fins sociais? Neste taller revisaremos as principais estratexias en liña, as ferramentas e as canles máis axeitadas dispoñibles para as entidades do terceiro sector para funcionar no contorno dixital, atendendo aos seus principais obxectivos e necesidades. 1. Introdución. 2. Obxectivos e particularidades do terceiro sector no ámbito dixital. 3. Estratexias e canles de captación, captación de fondos e imaxe corporativa. 4. Ferramentas. 5. Exemplos de éxito. O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing en liña.
Rexistro
Calendario eventos
« | Decembro 2022 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Axudas e subvencións para autónomos e pemes 202420 de marzo de 2024 11:00Máis información
- Ferramentas de imaxe con IA, Satable Diffusion, Dall -E3 e outros modelos21 de marzo de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, dispositivos móbiles25 de marzo de 2024 10:30Máis información
- Reciclando plásticos con Aventura Plástica27 de marzo de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento