Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha nova serie de talleres de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva.

“Ciberseguridade, que é o Malware”, o obxectivo deste taller é dar a coñecer ao asistente que é o Malware, que tipos de Malware empregan os ciberdelincuentes, como podemos saber se estamos infectados ou como me infectei dun Malware.

Índice de contido

- Que é o Malware.
- Tipos de Malware.
- Como saber se estamos infectados.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Vendes en liña ou estás pensando en vender? Pois o packaging dos produtos será un elemento máis que fundamental na estratexia de venta en liña. Neste obradoiro, coñeceremos os fundamentos máis básicos do packaging, como por exemplo, os tipo de caixas que existen. Tamén anotaremos os pasos básicos para preparar un pedido e cales son as características que deberíamos ter en conta.

Ningún packaging do ano 2022 podería ter lugar sen a súa sostibilidade, polo que prestaremos atención a cómo podemos facer unha estratexia máis sostible con noso planeta. Remataremos coñecemos elementos que podemos incorporar á nosa estratexia de envíos que farán que a experiencia de compra sexa máis agradable.

ÍNDICE:
1. Aprendendo sobre packaging
2. Como enviar un paquete paso a paso
3. Packaging Sostible
4. Elementos Experienciais

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.