Eventos
Eventos
Buscador
15/12/2022 12:00
Os impostos son ingresos públicos constituídos por obrigacións esixidas pola Administración Pública aos contribuíntes coa finalidade de obter recursos para facer fronte aos gastos públicos. Neste taller imos desenvolver os principais aspectos dun destes tributos; o imposto do valor engadido (IVE). 1. Concepto e natureza 2. Características do IVE 3. Réximes 4. Base impoñible 5. Tipos de gravame 6. Modelos e prazos de presentación 7. Obrigacións formais: libros rexistro 8. Conclusións O obradoiro será impartido por Paz Ares, Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo na especialidade de economía pública, cun Máster en Formación do profesorado pola Universidade de Vigo, e experiencia profesional no sector financeiro e educativo.
15/12/2022 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Entender as relacións cos teus clientes é relevante, especialmente no mundo dixital. Este obradiro ten como obxectivo ver o uso adecuado do email márketing á hora de promocionar os nosos produtos e/o servizos, e xerar achega de valor aos nosos contidos. Introdución aos conceptos básicos do email márketing, a terminoloxía e as vantaxes da utilización dun software profesional. Ademais de entender as funcionalidades dos principais servizos de email márketing, aprenderemos a implantar a versión gratuíta de Benchmark Email. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado das mesmas. Contido • Introdución ao e-mail Márketing. • Como deseñar unha estratexia de e-mail Márketing • Deseño en e-mail Márketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas • Crea unha conta gratuíta en Benchmark Email • Crea unha campaña de email • Contidos: estrutura e persoais • Audiencia: público obxectivo • Informes Nivel: Iniciación O taller será impartido por José Luis Taboada, Enxeñeiro Informático con máis de 30 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Rexistro
Calendario eventos
« | Decembro 2022 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Axudas e subvencións para autónomos e pemes 202420 de marzo de 2024 11:00Máis información
- Ferramentas de imaxe con IA, Satable Diffusion, Dall -E3 e outros modelos21 de marzo de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, dispositivos móbiles25 de marzo de 2024 10:30Máis información
- Reciclando plásticos con Aventura Plástica27 de marzo de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento