Eventos
Eventos
Buscador
19/12/2022 10:00
Obradoiro telemático a través de zoom. Iniciamos unha nova serie de talleres de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. “Ciberseguridade, o Phishing”, o obxectivo deste taller é dar a coñecer o Phishing que é a forma máis sinxela de ciberataque e, ao mesmo tempo, a máis perigosa e efectiva por tanto é fundamental coñecelo, saber as distintas formas nas que se pode presentar para poder identificalo con eficacia. Índice de contido - Que é o Phishing. - Tipos de Phishing, - Como protexernos. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
19/12/2022 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. A día de hoxe todo o mundo oíu falar do SEO e do SEM pero, coñecemos realmente a importancia de traballar correctamente estes dous termos? Unha estratexia efectiva de posicionamento nos motores de procura ten como base a elección dunhas boas palabras crave adaptadas ao público obxectivo ao que nos diriximos, isto é sen dúbida a clave do éxito. Neste taller ensinarémosche a buscar as palabras crave adecuadas coas ferramentas que dispón o mercado actualmente para garantir un oco no mercado online e xerar o maior número de vendas posible. Contido 1. A importancia do SEO 2. A importancia do SEM 3. Como se buscan as palabra crave? 4. Aplicación das palabras crave 5. Ferramentas O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.