Eventos

Buscador

    a
Obxetivos

O obxectivo do itinerario formativo en Impresión 3D Avanzada é o de capacitar ao usuario no uso avanzado das ferramentas de  laminación e análises de arquivos de impresión 3D para conseguir impresións de calidade profesional e adquirir ao mesmo tempo experiencia práctica no manexo de impresoras 3D. Para iso, dedicarase o 50% do tempo de cada sesión para traballar directamente sobre as impresoras. 
O itinerario componse de 4 módulos, nos 3 primeiros veremos o software de  laminación Cura e no último  modulo veremos algunhas funcións de  Meshmixer.
Contidos

Módulo 1: “Impresión 3D Avanzada I”

	Cura 4.4.1 instalación
	Perfiles de impresora: Que son e para que serven e Creación de perfís de impresora
	Perfís de material: Creación de perfís de varios materiais
	Perfís de parámetros de impresión: Creación do primeiro perfil de parámetros de impresión
	Técnica de impresoras 3D: Carga e descarga de  filamento e Nivelación da base
	Primeiras  laminaciones
	Impresión de pezas

Para poder ter dereito ao diploma que expedirá a Deputación de Pontevedra, será necesario asistir ao 75% do total da formación (12 horas) e non superar as dúas faltas.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Ter instalado un sistema de reservas e dispoñibilidade online na nosa páxina web fará que o noso negocio turístico aumente a súa visibilidade e éxito na internet. Así atraerermos máis turistas, que poderán reservar antes o noso aloxamento, actividades ou servizos turísticos, coa fiabilidade de unha reserva e dispoñibilidade asegurada.
Deste xeito a nosa páxina web será unha plataforma interactiva de vendas para aforrar tempo e incrementar os beneficios.

Contidos:
¿Qué é un motor de reservas?
¿Qué é un channel manager?
Vantaxes de dispor de un sistema de reservas e dispoñibilidade online.
Exemplos de sistemas de reservas para negocios turísticos e as súas funcionalidades.

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Neste obradoiro mostrarase as múltiples ferramentas que ten Facebook para empresas, ensinarase a como utilizalas para darnos a coñecer e para conseguir máis clientes.

Índice de contidos:
- Por que usar Facebook para a miña empresa?
- Crea unha páxina para a túa empresa
- Aumenta os seguidores da túa páxina de empresa
- Descobre os beneficios de Facebook Ads
- Estas son as ferramentas de axuda de Facebook

Relator: José Luis Taboada. Inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Traballar o SEO é a mellor forma de que os usuarios de Google poidan atoparche por medio das procuras que realizan. Neste primeiro taller achegarémonos aos conceptos básicos que o compoñen e veremos o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando así o tráfico de usuarios ou clientes.

Índice Contidos

1. Introdución e Conceptos Básicos SEO.
2. Que son e para que serven as palabras crave? Deseña a túa estratexia.
3. Factores SEO técnico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.