Eventos

Buscador

    a
Presencial no punto SmartPeme de Vigo (Sede de Vigo Deputación de Pontevedra, Rúa Eduardo Chao,17, 36202 - Vigo)

O obxectivo deste obradoiro é o de dar a coñecer as principais tendencias tecnolóxicas para o 2023, faremos un lixeiro repaso ás tecnoloxías emerxentes e a como evolucionaron outras xa existentes como o Blockchain ou a Impresión 3D.

Dunha maneira máis ampla abordaremos o tema da creación de imaxes e textos con algoritmos de intelixencia artificial, veremos a evolución nos últimos meses, faremos un repaso sobre as principais aplicacións e exporemos unha serie de demos prácticas.

Para finalizar, faremos unha visita á Realidade Virtual e mostraremos algunhas das aplicacións que xa se poden utilizar en eventos empresariais e que se poden probar nas Experiencias Inmersivas que levamos a cobo no FabLab de Barro.

Índice de contidos

1-Tendencias 2023
2-Novos algoritmos de IA, imaxes e textos
3-Demo Realidade Virtual

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.