Eventos
Eventos
Buscador
07/03/2023 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Neste obradoiro veremos como a igualdade de xénero real vai máis aló da regulación normativa e implica unha concreción material: Implica a tutela dos dereitos de todas as persoas que, independentemente das súas diferenzas han de ser respectadas e tratadas como iguais. Ademais, En España, nas últimas décadas, a partir da progresiva incorporación das mulleres ao mercado laboral, produciuse un dos cambios sociais máis importantes, e por iso, falarase de como, as accións positivas dentro das relacións laborais, constitúen un elemento básico de actuación para integrar de modo efectivo a igualdade entre homes e mulleres. Por último, reflexaremos como a linguaxe inclúente é aquela que posibilita que mulleres e homes sexan nomeadas e nomeados tendo en conta o sexo ao cal pertencen, sen subordinación nin invisibilización de ningún dos sexos. Índice: • introdución • igualdade legal • igualdade real • a empresa como ámbito estratéxico de actuación • medidas para unha igualdade real • comunicación inclusiva O obradoiro será impartido por Paz Ares, Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo na especialidade de economía pública, cun Máster en Formación do profesorado pola Universidade de Vigo, e experiencia profesional no sector financeiro e educativo.
07/03/2023 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado. Índice de contidos: 1- Instalación de WordPress 2- Configuración básica 3- Manexo dos temas 4- Engadir entradas ao blogue 5- Engadir páxinas 6- Xestión de plugins e widgets 7- Xestionar comentarios 8- Actualizacións 9- Formularios 10- Copias de seguridade Nivel: intermedio O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce
Rexistro
Calendario eventos
« | Marzo 2023 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Axudas e subvencións para autónomos e pemes 202420 de marzo de 2024 11:00Máis información
- Ferramentas de imaxe con IA, Satable Diffusion, Dall -E3 e outros modelos21 de marzo de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, dispositivos móbiles25 de marzo de 2024 10:30Máis información
- Reciclando plásticos con Aventura Plástica27 de marzo de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento