Eventos

Buscador

    a
O turista 3.0 ten centos de páxinas web ao seu alcance nas que pode inspirarse, informarse, comparar e planificar as súas viaxes, actividades, aloxamento, etc. Esto fai que os textos pasen a ser tan importantes á hora de vender experiencias e actividades online para destacar e conectar coa nosa audiencia.
Neste taller falaremos de cómo as palabras poden axudarnos a obter a atención e convencer ao noso público obxectivo e conseguir así vender máis nun mercado tan atomizado e competitivo.


Contidos:
. ¿Qué é o Copywriting?
. Beneficios que nos aporta.
. Técnicas e pasos a seguir.
. Exemplos e boas prácticas.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Este obrador ten como obxectivo mostrar as comodidades e vantaxes da factura electrónica que xa é unha alternativa legal á factura tradicional en papel. Ao ser en formato electrónico, permítenos automatizar o proceso de facturación facilmente, o que nos vai a economizar e axilizar a xestión, mellorando incluso o proceso de cobro. Permitiranos economizar: tempo, papel, espazo de almacenamento, etc.; aumentando a competitividade da nosa empresa, dando unha mellor imaxe e servizo aos nosos clientes.

Índice de contidos
• Que é unha factura electrónica?
• Normativa da factura electrónica.
• Novidades 2015: Administración Pública e actividade privada.
• Obrigacións do emisor dunha factura electrónica.
• Obrigacións do receptor dunha factura electrónica.
• Vantaxes da facturación electrónica.
• Que formato débese usar para a factura electrónica?
• Xerando unha factura electrónica.
• Preguntas frecuentes sobre a factura electrónica.

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, enxeñeiro informático con máis de 20 anos de experiencia e especializado en sistemas informáticos
Daremos a coñecer a ferramenta Whatsapp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería Whatsapp. Con esta app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes.

Índice de contidos

• Introdución a Whatsapp
• Whatsapp vs. Whatsapp Business
• Novas funcionalidades
• Whatsapp Márketing

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste taller daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio.

Índice de contidos:

• Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais?
• Uso persoal vs. uso profesional
• Aspectos a ter en conta
• Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
En nadal a imaxe do noso produto cobra aínda máis importancia, debemos tentar atopar e transmitir o estilo propio do noso produto/marca/servizo para conseguir resaltar entre a multitude este nadal. Aprenderemos a entender o nadal, a compoñer e enfocar a nosa fotografía de forma que atopemos ese estilo que realce o noso produto.

Índice de contidos:
1. Características de unha imaxe Navideña.
2. A imaxe e o cliente.
3. Tipos de cámaras, e como sacarlle partido.
4. Regra dos tercios.
5. Composición na fotografía.
6. Atrezzo e tips.
7. Efecto Bokeh.


O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa