Eventos

Buscador

    a
 Instagram é unha das redes sociais que hoxe en día está máis de “moda” sobre todo no ámbito do turismo. Implementando unha boa estratexia de márketing poderás atraer a un público máis cualificado e alongar a súa experiencia co teu produto.

Calquera usuario, ao ver unha imaxe en  Instagram dalgún produto/destino/establecemento turístico, pode sentir a necesidade coñecerche, converténdose tamén nun prescritor a túa marca, contando a súa experiencia coas súas propias imaxes. 

Índice de contidos:
• Introdución.
• Guía rápida de creación da túa conta en  Instagram para empresas.
• Consellos de uso para gañar visibilidade.
• Ferramentas para optimizar a presenza do teu negocio.
• Publicidade en  Instagram:  Instagram  ads e “ Instagram  stories”

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento dos usuarios no noso sitio web para que podamos mellorar a súa experiencia e conseguir os nosos obxectivos. Obtendo esta información e interpretándoa correctamente, poderemos chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais.  

Índice de contidos:
• Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web
• Como funciona Google  Analytics?
• Creación dunha conta e código de seguimento
• Conceptos e métricas básicas
• Os obxectivos – Embudes de conversión
• Informes estándar
• Informes personalizados

O obradoiro será impartido por José Luis Penas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
A fotografía de produto é o escaparate do noso local no mundo  on- line, por iso debemos ser coidadosos á hora de realizar as nosas fotografías, coidar os detalles a luz e a composición son os factores máis importantes da nosa fotografía.

Da calidade da nosa imaxe dependerá a capacidade de aceptación ou desexo de consumir os nosos produtos ou servizos. Neste taller repasaremos as claves e os elementos que debemos utilizar para realizar unha boa fotografía de produto.

Recomendable traer cámara propia para realizar prácticas de fotografía de produto.

Índice de contidos:
1. Que é a fotografía de produto?
2. Claves para conseguir a fotografía perfecta.
3. Que necesitamos para facer boas fotografías de produto?
4. Elementos para realizar as fotografías.
5. Requisitos de tendas  on- line (tamaños, calidade, etc.)
6. Práctica de edición como programa  on- line.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa. 
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.

Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google.

Índice de contidos:
• Google My business
o Que é?
o Servizos que oferta
o Como funciona?
o Vantaxes
• Google Adwords Express
o Que é?
o Como funciona?
o Vantaxes
• Diferenzas entre Google Adwords e Google Adwords Express
• Costes dos servizos

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.

Calendario eventos

« Febreiro 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento