Eventos

Buscador

    a
O mercado de aluguer vacacional está en auxe e pode ser unha boa oportunidade de negocio para os propietarios de  vivivendas e apartamentos. É necesario unha xestión con novas estratexias de comercialización e márketing en liña para aumentar as reservas e o beneficio que xeran as mesmas aos empresarios.

Índice de contidos:
• Clasificación e requisitos legais
• Plataformas de comercialización en liña
• Reservas e Check-in en liña
• Como mellorar a experiencia do usuario

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece  WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado.

Índice de contidos:
1- Instalación de  WordPress
2- Configuración básica
3- Manexo dos temas
4- Engadir entradas ao blogue
5- Engadir páxinas
6- Xestión de  plugins e  widgets
7- Xestionar comentarios
8- Actualizacións
9- Formularios
10- Copias de seguridade

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.

Aprenderás con estes plugins ha realizar copias de seguridade da túa web, traducir a túa web a varios idiomas, ampliar as ferramentas de ortografía, formatos e fontes nas túas entradas e páxinas, realizar pop  ups, descarga de documentos en diferentes formatos, dar distintos roles e permisos á hora de administrar a nosa web, mellora a rapidez de carga, asesor de  cookies, posicionamento, galerías de imaxes, creador de logotipos. Seguro que poderás mellorar a túa web e ampliar os teus coñecementos á hora de coñecer todo este tipo de axudas e vantaxes.

Índice de contidos:
• Que é un  Plugin de  WordPress?
• Instalación de  Plugins en  WordPress 
• Listas de  plugin, función, nome e autor
• Vídeos de manexo e configuración dos plugins

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
A fotografía de produto é o escaparate do noso local no mundo  on- line, por iso debemos ser coidadosos á hora de realizar as nosas fotografías, coidar os detalles a luz e a composición son os factores máis importantes da nosa fotografía.

Da calidade da nosa imaxe dependerá a capacidade de aceptación ou desexo de consumir os nosos produtos ou servizos. Neste taller repasaremos as claves e os elementos que debemos utilizar para realizar unha boa fotografía de produto.

Recomendable traer cámara propia para realizar prácticas de fotografía de produto.

Índice de contidos:
1. Que é a fotografía de produto?
2. Claves para conseguir a fotografía perfecta.
3. Que necesitamos para facer boas fotografías de produto?
4. Elementos para realizar as fotografías.
5. Requisitos de tendas  on- line (tamaños, calidade, etc.)
6. Práctica de edición como programa  on- line.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa. 
Entendemos publicidade nativa como o uso de anuncios de pago que, principalmente, aseméllanse co aspecto e formato dos medios onde aparecen. Non teñen unha aparencia de anuncio como tal, senón que parecen que forman parte do contido da páxina. Por iso, a clave deste tipo de publicidade é que non é  disruptiva, é dicir, expón ao lector a contidos publicitarios sen sobresaír de maneira molesta.

Por iso, neste taller aprenderase que é a publicidade nativa e como se pode aplicar ao noso negocio ou proxecto.

Índice de contidos:
- Que é a publicidade nativa
- Vantaxes
- Como facer publicidade nativa
- Formatos
- Casos de éxito
- Conclusións 

O obradoiro será impartido por José Luis Penas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
Índice de contidos
• Evolución do mercado
• Como elixir unha pasarela de pago para o noso e-commerce
• Integración na túa tenda
• Canto me vai costar
• As API's: Xestión directa de pagos
• Seguridade e soporte
• Exemplos de medios de pago

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.

Calendario eventos

« Febreiro 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento