Eventos

Buscador

    a
A estética nas nosas redes sociais cada día xera máis importancia, xa non só é importante publicar contido interesante se non que debe ir acompañado dunha imaxe traballada e que chame a atención.
Unha boa imaxe, ademais de estar preparada á hora de fotografar, debemos poder darlle outro estilo, incluír información ou potenciala a través de algo de edición fácil e rápida co noso Smartphone.
Neste taller veremos as apps de edición, deseño e creación de vídeo máis populares e útiles para sacar partido ás nosas redes sociais.

(Realizaremos prácticas co teléfono para cada unha das apps que se expliquen no taller, recomendamos traer os vosos smartphones).

1. Tipos de publicacións en Instagram.
2. A importancia da imaxe nas Redes sociais.
3. Apps de edición de fotografía.
4. Apps de deseño.
5. Apps con outras aplicacións.
6. Apps de edición de vídeo.

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado.

Índice de contidos:
1- Instalación de WordPress
2- Configuración básica
3- Manexo dos temas
4- Engadir entradas ao blogue
5- Engadir páxinas
6- Xestión de plugins e widgets
7- Xestionar comentarios
8- Actualizacións
9- Formularios
10- Copias de seguridade

Nivel: intermedio

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
Youtube está considerado o segundo buscador máis utilizado na internet, e por iso é moi importante optimizar os nosos vídeos para que poidan aparecer nas primeiras posicións. Neste obradoiro mostraremos como optimizar a nosa canle de Youtube e os nosos vídeos para conseguir ampliar o número de visualizacións, aumentar as visitas na nosa web e mesmo mellorar o posicionamento da mesma.

Contido
- Importancia do SEO en Youtube
- Optimización do canle
- Optimización de vídeos
- Ferramentas para optimización

O taller será impartido por Alejandro Ledo, fundador da axencia de márketing dixital Cuaderna https://cuaderna.com , dedicada ao Posicionamento en buscadores de Pemes e autónomos en Vigo.
A día de hoxe todo o mundo oíu falar do SEO e do SEM pero, coñecemos realmente a importancia de traballar correctamente estes dous termos? Unha estratexia efectiva de posicionamento nos motores de procura ten como base a elección dunhas boas palabras crave adaptadas ao público obxectivo ao que nos diriximos, isto é sen dúbida a clave do éxito.

Neste taller ensinarémosche a buscar as palabras crave adecuadas coas ferramentas que dispón o mercado actualmente para garantir un oco no mercado online e xerar o maior número de vendas posible.

Nivel: Iniciación

Contido

1. A importancia do SEO
2. A importancia do SEM
3. Como se buscan as palabra crave?
4. Aplicación das palabras crave
5. Ferramentas

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital
Este taller dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o impacto que está a ter o Inbound Márketing. como unha forma de achegarse ao cliente, sempre poñéndoo no centro das estratexias e lembrando que quen necesita o noso produto/servizo non sempre están listos para comprar.
O Inbound Márketing móstrase como un proceso de acompañamento ao cliente ao longo de todo o seu proceso de compra.

Contidos:
• Que é Inbound Márketing
• Beneficios do Inbound Márketing
• Como se articula o Inbound Márketing
• Márketing de atracción
• Como crear a túa buyer persoa ideal
• A importancia do funnel ou embude de conversión
• Tendencias en Inbound Márketing

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.