Eventos
Eventos
Buscador
13/02/2020 17:00
Las novas tecnoloxías están a cambiar de forma moi rápida os métodos de produción tradicionais, un conxunto destas novas tecnoloxías é o que se coñece como Fabricación Dixital. Índice de contidos: Planificación proxecto persoal, debuxo, laminación e impresión 3D dunha peza de libre elección. FreeCad II: Diferencias Cilindros Arrays, ortogonal e polar Redondeos, chaflanes e reforzos Exercicios Impresión 3D II: Software de laminación CURA Impresión práctica O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
13/02/2020 18:00
En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais. Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real. Contidos: • Que é un Plan de Márketing Dixital • Por que o necesito? Beneficios • Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
13/02/2020 18:00
O obxectivo deste taller será optimizar e profesionalizar a túa páxina de Facebook como os profesionais. É recomendable ter unha páxina creada xa que, a partir dela, profundaremos nos temas clave nos que debemos traballar para que teña maior visibilidade 1) Alcance en Facebook: Que é e como melloralo 2) Píxel de Facebook. 3) Facebook Messenger e BOT de Messenger 4) Botón de WhatsApp en Facebook 5) Mellores ferramentas para crear imaxes en Redes Sociais 6) Insignias e verificación 7) Crear sorteos e concursos con Facebook O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa
13/02/2020 19:00
Este obradoiro, dirixido a pemes, autónomos e emprendedores, ten como obxectivo introducir ós asistentes na metodoloxía Design Thinking de forma práctica e dirixida a facer cambios e melloras reais nos seus procesos e servizos de cara a darlle un novo pulo o seu negocio. Tamén trataranse técnicas útiles e exemplos prácticos en pemes e autónomos. Non son necesarios coñecementos previos. Contidos: • Que é o Design Thinking • Beneficios do Design Thinking para pemes e autónomos. • Técnicas mais útiles e recomendadas. • Como aplico a metodoloxía no meu negocio. • Exemplos prácticos. O obradoiro será impartido por Xosé Comesaña, consultor e deseñador con mestrados en comunicación e marketing e con máis de 15 anos de experiencia dirixindo proxectos para clientes como PSA Peugeot-Citroën, Pescanova, Cortefiel...e moitas outras pemes e autónomos
13/02/2020 19:00
Neste obradoiro aprenderemos a utilizar unha cámara réflex no seu modo manual, sacarlle o maior rendemento dependendo da luz externa que teñamos ou que podamos conseguir no momento de fotografar. Coñecementos básicos para comezar coa nosa cámara, poderás traer a túa propia cámara para probar diferentes modos, os parámetros e facer probas no momento de realizar o taller. Levar cámara réflex, se posúen unha, para realizar algunha práctica que poida xurdir no taller. ÍNDICE 1. Partes dunha cámara réflex. 2. Exposición e fotómetro da cámara. 3. Parámetros manuais da cámara. 4. Modos principais e as súas funcións: P-A- S-M. 5. Opcións do obxectivo: ZOOM, AF – MF. 6. Obxectivos e as súas especificacións. 7. Resultados segundo a luz exterior. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Rexistro
Calendario eventos
« | Febreiro 2020 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
- Axudas e subvencións para autónomos e pemes 202420 de marzo de 2024 11:00Máis información
- Ferramentas de imaxe con IA, Satable Diffusion, Dall -E3 e outros modelos21 de marzo de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, dispositivos móbiles25 de marzo de 2024 10:30Máis información
- Reciclando plásticos con Aventura Plástica27 de marzo de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento