Eventos
Eventos
Buscador
31/01/2023 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Debido á gran expansión do sector turístico nas últimas décadas, a actividade turística xera diversos impactos nos destinos nos que se atopa presente, influíndo principalmente en tres áreas: a económica, a sociocultural e a ambiental. O principal obxectivo da xestión sostible é conter os impactos negativos, para minimizalos, e que se poidan compensar con medidas positivas. Os sistemas de xestión da sustentabilidade para empresas e destinos turísticos, son unha axuda para orientar ás entidades para establecer criterios de xestión sostible e unha ferramenta para acreditar o seu compromiso. A adhesión e o traballo nestes sistemas adoita reflectirse na obtención de certificacións ou selos que avalan o esforzo realizado nesta materia, para a diferenciación e poder comunicar o seu recoñecemento a todos os visitantes e outros actores implicados. Contido: 1. Introdución 2. ¿Qué e a sustentabilidade? 4. Selos e certificacións 5. Boas prácticas O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
31/01/2023 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Elementor é un construtor gratuito de páxina de WordPress. Isto quere dicir que che permite crear sitios web de WordPress profesionais da forma máis doada e rápida posible, sen tocar código e sen saber de programación. Neste obradoiro aprenderemos a instalalo, configuralo e traballar con el para crear a nosa páxina web ou tenda dende 0. Índice de contidos 1. Primeiros pasos 2. Instalación de WordPress e Elementor 3. Como deseñar con Elementor 4. Conclusións O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital. Inscricións a través da seguinte ligazón:
Rexistro
Calendario eventos
« | Xaneiro 2023 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
- O teu contido efémero: Stories en Facebook e Instagram13 de decembro de 2023 12:00Máis información
- Márketing social: estratexias dixitais para entidades do terceiro sector13 de decembro de 2023 18:00Máis información
- Intelixencia Artificial, iniciación con robots14 de decembro de 2023 12:00Máis información
- CRO: Como mellorar as ventas da túa web18 de decembro de 2023 12:00Máis información
- Copywriting para empresas turísticas20 de decembro de 2023 12:00Máis información
- Novas tendencias en turismo: Turismo Petfriendly20 de decembro de 2023 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento