Eventos
Eventos
Buscador
26/01/2023 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha serie de catro obradoiros informativos sobre temas de máxima actualidade, todos teñen en común a tecnoloxía pola cal é posible que existan, a blockchain. No primeiro destes obradoiros veremos en que consiste a tecnoloxía blockchain e como grazas a ela estamos ante o que se chama o internet do valor; unha forma de transmitir valor a través da rede. No segundo obradoiro abordaremos o tema das criptomonedas, por que xorden e que podemos facer con elas, minado, trading, etc... No terceiro desta serie de obradoiros falaremos da identidade dixital, en concreto do proxecto de identidade dixital da unión europea e como afecta isto directamente á xestión dos nosos datos. Falaremos tamén dos NFT, tentaremos achegar algo de luz sobre este tema, que son e para que serven. Por último, no cuarto obradoiro abordaremos o tema do Metaverso, como intuímos que será, para que vai servir, estado actual de desenvolvemento e ademais visitaremos algún destes metaversos. Índice: 1 Conceptos básicos. 2 Rede centralizada e rede distribuída. 3 Que é a Blockchain? 4 Internet do valor. 5 Token dixital. 6 Smart Contract. 7 Exemplos de uso. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
26/01/2023 17:00
Obradoiro presencial no Punto SmartPeme de Vigo (Sede de Vigo Diputación de Pontevedra. Calle Eduardo Chao,17, 36202 - Vigo). A través da reorientación de negocios aportamos solucións de reorientación profesional ou reinvención do negocio, tendo en conta a demanda do mercado. Analizamos qué propiciou o estancamento, cómo xestionar o cambio ou reinvención, a falta de apoios e as emocións que se xeran en dito proceso. Índice: - Cando tomar a decisión de cambio; pararse a pensar - Reorientación profesional e/ou de negocio - Cualidades fundamentais do avance; capacidade de anticipación, reacción, creatividade, flexibilidade e versatilidade - Por onde empezo: factores internos e externos. Que propiciou o estancamento ou decadencia - Como xestionar as emocións negativas e positivas ademáis da posible falta de apoios - Análise de situación, de recursos, e de necesidades - Cambio de rumbo ou reinvención Isabel Rodríguez, consultora e coach empresarial, con 15 anos de experiencia, especializada na sustentabilidade de negocios, facéndoos rendibles a longo prazo a través das análisis económicas, da organización interna para unha xestión eficaz da actividade e da comunicación efectiva.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xaneiro 2023 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
- Bizum: a evolución dos pagos dixitais16 de xuño de 2025 11:00Máis información
- Pinterest para e-commerce17 de xuño de 2025 12:00Máis información
- Growth Márketing: estratexias para un crecemento sostible do teu negocio17 de xuño de 2025 17:00Máis información
- Creación e análise dunha base de datos de aloxamentos18 de xuño de 2025 16:30Máis información
- Deseño 3D online con OnShape 1, xestión documental e primer deseño19 de xuño de 2025 12:00Máis información
- Crea vídeos de alto impacto só co teu Smartphone19 de xuño de 2025 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento