Eventos
Eventos
Buscador
Obradoiro telemático a través de Zoom. Chamamos Growth Márketing (que poderiamos traducir como Márketing de Crecemento) ao conxunto de técnicas e estratexias do márketing dixital orientadas a un crecemento sostido no tempo da nosa empresa ou proxecto, sempre en base ao estudo de datos e á metodoloxía ensaio/erro. Este concepto nace doutro similar, o Growth Hacking. Utilizando moitas veces os seus métodos, o Growth Márketing pon con todo ao usuario no centro, dentro dunha estratexia que busca resultados tamén a longo prazo. 1- Que é o Growth Márketing? 2- Diferenzas entre Growth Márketing e Growth Hacking. 3- Fases do Growth Márketing. 4- Activos e estratexias participantes. 5- Ferramentas 6- Casos de Éxito O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
24/01/2023 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Este obradoiro informativo está orientado a que autónomos e micropemes coñezan dunha maneira máis detallada o uso do medio de comunicación máis utilizado na actualidade: as redes sociais. Cunha gran penetración na poboación, estas teñen unha gran importancia nas relacións coa clientela e inflúen nas súas compras. Por iso é necesario coñecer as vantaxes que poden xerar nunha empresa a través das ferramentas e técnicas de venda dispoñibles neste medio, para construír unha imaxe positiva de marca cara ás nosas persoas consumidoras e clientela potencial. Contidos: • Factores para mellorar a túa presenza en internet • Introdución en redes sociais • SMP-Social Media Plan en redes sociais • Técnicas de vendas en redes sociais • Recomendacións de actuación • Casos de éxito: exemplos reais sobre éxito en redes sociais Relator: José Luis Taboada. Inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xaneiro 2023 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
- ChatBot, a automatización da atención ao cliente19 de setembro de 2024 11:00Máis información
- Primeiros pasos coa Administración Electrónica30 de setembro de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento