Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Traballar o SEO é a mellor forma de que os usuarios de Google poidan atoparche por medio das procuras que realizan. Neste primeiro taller achegarémonos aos conceptos básicos que o compoñen e veremos o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando así o tráfico de usuarios ou clientes.

Índice de contidos

1. Introdución e Conceptos Básicos SEO.
2. Que son e para que serven as palabras crave? Deseña a túa estratexia.
3. Factores SEO técnico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados).

Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos do uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía do deseño e usando unha nova ferramenta en liña para lograr realizar imaxes impactantes para as redes sociais ou calquera outro medio.

Índice de contidos:

1. Principios esenciais do deseño para crear composicións fermosas e eficaces
2. Termos máis usados no deseño gráfico
3. Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe.
4. Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visualmente impresionantes.
5. Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual.
6. Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo aos seus deseños.
7. Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños.
8. Mostrámoslle como construír un kit de marca (imaxe corporativa)
9. Uso de ferramenta de deseño en liña (canva.com)

O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados).

Entender as relacións cos teus clientes é relevante, especialmente no mundo dixital.
Este obradiro ten como obxectivo ver o uso adecuado do email márketing á hora de promocionar os nosos produtos e/o servizos, e xerar achega de valor aos nosos contidos.
Introdución aos conceptos básicos do email márketing, a terminoloxía e as vantaxes da utilización dun software profesional.
Ademais de entender as funcionalidades dos principais servizos de email márketing, aprenderemos a implantar a versión gratuíta de Benchmark Email.
Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado das mesmas.

Índice de contidos:

1. Introdución ao e-mail Márketing.
2. Como deseñar unha estratexia de e-mail Márketing
3. Deseño en e-mail Márketing
4. Ferramentas
5. Recomendacións para crear campañas perfectas
6. Crea unha conta gratuíta en Benchmark Email
7. Crea unha campaña de email
8. Contidos: estrutura e persoais
9. Audiencia: público obxectivo
10. Informes

O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.