Eventos

Buscador

    a
O obxectivo do itinerario é de iniciarse e adquirir certa soltura cun das linguaxes de programación máis populares actualmente como é Arduino, farémolo desenvolvendo unha serie de talleres teóricos en liña e realizaremos talleres prácticos para experimentar o aprendido desenvolvendo montaxes como programar unha man mecatrónica, un brazo robótico ou un sistema hidropónico.

O itinerario completo é de 24 h de formación, 12 teóricas e 12 prácticas

Divídese en dous partes:

-	Programación con Arduino I, son 4 talleres 3 deles teóricos de 2 horas de duración cada un e en liña e un cuarto taller práctico presencial de 4 horas. Facendo un total de 10h formativas.

-	Programación con Arduino II, son 5 talleres 3 deles teóricos de 2 horas cada un e en liña e outros 2 prácticos presenciais de 4 horas cada un. Facendo un total de 14 horas formativas.

Índice de contidos Programación con Arduino I. Teórico I. 2 horas

-	Que é Arduino? Placas Arduino
-	Pin dixital e Pin Analóxico
-	Sensores e Actuadores
-	Contorna de programación IDE Arduino
-	Pin Mode, DigitalWrite, Delay
-	Primeiro programa, parpadeo dun led
-	Bucle For, Variables
-	Segundo programa, semáforo

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.